Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta dca

SEGUIMOS CRECENDO

Imaxe
Ola a todos e todas de novo, Este ano Sarela, en adiante Dano Cerebral Santiago de Compostela cumprimos XXV anos. Aí é nada. Temos xa unha traxectoria e podemos dicir con orgullo que somos un centro de referencia na atención ás persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias da Área Sanitaria de Santiago de Compostela. Nestes 25 anos cambiaron moitas cousas: sede, profesionais, servizos... pero o  que non cambia é a nosa ilusión e a nosa forma de traballar na que a persoa é o centro das nosas intervencións. Traballamos en prol da mellora da autonomía das persoas con Dano Cerebral Adquirido. Lanzamos unha campaña en redes para que votedes o noso lema para este ano: XXV de Novos Retos XXV anos de Novas Vidas XXV anos Desenvolvendo Camiños para a Autonomía Así que xa sabedes.. adiante coa votación e compartide.  O lema gañador foi "XXV anos de Novos Retos polo que xa o veredes por aquí. Gracias a tódalas persoas que votaron e compartiron. "Fagamos visible o Dano Cerebral ...

SEGUIR ADIANTE

Imaxe
Ola a todos e todas de novo.  Esperamos que tiverades un Nadal marabilloso. Nós retomando folgos para este novo ano o 2025, que é moi especial para a nosa asociación xa que o 19 de decembro fai 25 anos que naceu Sarela, agora Dano Cerebral Santiago de Compostela. Non puidemos celebrar o XX aniversario por mor da pandemia mundial pola COVID-19 co que este ano imos a a tirar a casa pola ventá e tentaremos dar visibilidade ao colectivo do DCA. Na entrada de hoxe queremos solidarizarnos cunha enfermidade que por desgracia é tamén moi común no noso colectivo, a depresión, que o 13 de xaneiro celebrou o seu día. Ademais consideramos que as persoas que a sofren son estigmatizadas como tamén nos pode suceder a nós. O DCA implica un cambio de vida radical, o cal non queda máis remedio que asumir, tanto nós como a xente que nos rodea, facendo fincapé na familia máis directa. Como dicimos sempre, o DCA é un tsunami. Isto require moitísimas adaptacións na nosa vida e na da nosa familia. Moitas...

Baixo o mesmo paraugas

Imaxe
Ola de novo, Témosvos abandonados/as pero aínda coa resaca emocional de celebrar o Día do Dano Cerebral tivemos que preparar a conmemoración do Día da Discapacidade que se celebrou o 3 decembro. Desde fai uns anos participamos na iniciativa "Baixo o mesmo paraugas", que ten como filosofía que todas as persoas temos cabida no mundo sen importar a nosa condición.  Este ano un grupo de persoas usuarias de  SADT  e de MAPIS  fomos ata A Coruña á lectura do manifesto nun acto onde reivindicamos os nosos dereitos e loitamos por mellores recoñecementos para as persoas con discapacidade. O que queremos é que isto non se quede nun acto simbólico, queremos xuntar a forza necesaria  para conseguir os nosos obxectivos. Querenmos que non quede nun día e comprometémonos a facelo tódolos días do ano. Temos dereito a dispor das mesmas oportunidades xa que somos iguais ante a lei e así o di a nosa Constitución. O Día da Discapacidade é importante, e non só para nós, senón para...

DISFRUT@NS

Imaxe
Ola a todas e todos!                                         A volta de despois do verán estanos custando moito e somos uns pouco lacazáns.  Tocaba entrada hai dúas semanas. Comprometémonos a continuar con entradas cada dúas semanas así que estade atentos e atentas. Coincidindo coa Festa da Guadalupe, varias persoas do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica ( SADT) que se celebra no mes de setembro. É unha Festa de Interese Turístico na que renden homenaxe  á Virxe de Guadalupe, á que se atribúe a protección do pobo durante a epidemia de cólera que afectou a Galicia no ano 1854. Nós asistimos ao Feirón-Mariñeiro, no que puidemos observar diferentes postos con variedade de cousas. Todo amenizado con tradicional tocada por artistas da zona, o que nos pareceu xenial. Fomos dar unha volta polo feirón, no que vimos representación dos oficios propios da época.: alfareiros, ferreiros,...

CAMIÑANDO CON ILUSIÓN

Imaxe
Ola a todas e todos, Somos as persoas usuarias do Servizo de Mellora e Mantemento da  Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) e queremos contarvos a experiencia deste ano facendo o Camiño de Santiago. O pasado ano realizamos parte do Camiño Francés e este ano animámonos a facer o Camiño Portugués desde o Concello de Padrón.  Non todos/as temos as mesmas capacidades polo que realizamos as etapas por grupos. Algúns de nós  puidemos camiñar máis de 4 km diarios e outros facían sobre 2 ou 2.5 km.  A derradeira etapa realizámola o luns 8 de xullo e chegamos todos xuntos e isto fíxonos moita ilusión. Tivemos que adaptarnos os uns aos outros porque, por ritmo, poderiamos chegar uns antes ca outros pero uns esperamos polos compañeiros e compañeiras para facer a entrada na praza do Obradoiro todos xuntos. Despois de chegar fomos tomar algo e celebrar que, con esforzo, pódese conseguir o que un se propoña.   "A MÁIS LONGA CAMIÑADA, COMEZA CUN PASO"

TRAZANDO CAMIÑOS

Imaxe
  O pasado 20 de xuño Sarela organizou as Xornadas Trazando Camiños no que eu Vicente Maneiro fun convidado a participar nunha das Mesa Redondas.  A entidade xunto coa Orientadora Laboral, Noelia Parente do Servizo de Orientación Laboral (SOL) pretenderon que esa xornadas se convertiran nun   espazo de reflexión e posta en común de experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con Dano Cerebral. Explicábame Noelia que os datos en relación á situación laboral das persoas con DCA indican que só o 13% destas persoas declaran ter traballo cando antes da lesión o tiñan o 71%. Os estudios sobre calidade de vida tamén conclúen que o 58% das persoas con Dano Cerebral perciben que a súa situación laboral deteriorouse e que se suma ao empeoramento do estado de saúde, benestar emocional, relacións sociais etc. Na miña Mesa chamada " O camiño do dano cerebral cara a inclusi...

ENGLISH GRADUATION

Imaxe
Ola a todos e todas! Como estades? Esperamos que moi ben. Xa se achega o verán e con el  o remate de moitas actividades. Nós hoxe queremos explicar unha desas actividades que realizamos no Servizo de atención diúrna terapéutica (SADT) e coa que estamos encantadas e encantados. A sesión que imos contar foi, ademais, especial. O día 3 de maio, como cada venres, algunhas persoas do SADT asistimos á actividade que se chama  "English Coffee" e na que praticamos os nosos coñecementos de inglés e, por suposto, aprendemos outros novos. Levamos facendo esta actividade varios anos pero desde o pasado temos unha voluntaria encantadora que se chama Marta e que lle deu á actividade un troco que a todas e todos nos encanta. Ese venres, o primeiro que nos sorprendeu foi que cambiamos de espazo. Normalmente “tomamos” o “english coffee” nalgunha das salas do noso servizo mais ese día fomos ao primeiro andar, onde esta a sala de formación de Sarela. Ao subir, tivemos que esperar un pouco e des...

CREANDO

Imaxe
Ola de novo a todas e todos, Esta semana despois dos festivos e de pasalo xenial, queremos compartir convosco o resultado dunha das actividades que máis tempo leva no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) e que tamén facemos no Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión social (MAPIS). No SADT a actividade chámase "Expresión Artística" e en MAPIS "Creativamente". Para a tenda de Sarela  a tenda de Sarela realizamos un "Pack Verán" formado por unha bolsa, un estoxo garda todo e unha funda para gafas ou teléfono móbil realizadas completamente a man.  Imos a explicar cada obxecto: Bolsa de praia: o exterior da bolsa está estampado a man e no interior está forrado con tea impermeable. O peto exterior está realizado cunha rede de pesca reutilizada da zona de Muros. Ten peche con botón de presión e un enganche interior para o garda todo do conxunto. As medidas son de 40X56 cm. Garda todo: como a bolsa, o exterior está decorado a ...

REHABILITANDO

Imaxe
Ola a todas e todos unha semana máis.  Desta volta queriamos contarvos unha saída que nos gustou especialmente e da que desfrutamos moito os compañeiros e compañeiras, así como as profesionais, do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e a Inclusión Social   MAPIS  . Anotade porque paga a pena facer esta visita. Fomos de excursión até o concello de Outes, na ría de Muros-Noia, para visitar unha xoia do seu patrimonio industrial: o Estaleiro Ciprián. Este antigo estaleiro foi rehabilitado e hoxe está convertido nun espazo museístico da carpintaría de ribeira e tamén acolle unha oficina de turismo. Neste enlace tedes a localización e neste outro información da páxina web do Concello de Outes  sobre o estaleiro. Na visita explicáronnos que antes de comezar a rehabilitación, realizouse un estudio que puxo en contexto a historia do edificio e a súa importancia como patrimonio marítimo. Na actualidade, o edificio ten uso cultural que respectan e non esq...

DESCUBRINDO O MUNDO

Imaxe
Ola a tod@s, Na entrada desta semana as persoas usuarias do SADT queremos que vos animedes a coñecer un espazo bastante accesible no que tódas as persoas podemos pasar un ratiño agradable. A ruta é circular e ten 3,6 km na súa totalidade e a duración para unha persoa que camiñe a un ritmo normal é de 50 minutos. A nós pode levarnos máis tempo pero a dificultade da ruta é baixa. Está repleta de rincóns para desfrutar da andaina e contemplar a ría, varias praias, observar aves mariñas etc. Queredes saber onde é? O venres 12 abril   cinco compañeiros/as acompañados de dúas profesionais e unha persoa voluntaria fomos de saída a Rianxo. Concretamente ao paseo marítimo que vai dende Setefogas ata a praia da Torre (Taragoña). Queremos sobre todo incidir na accesibilidade do lugar para que todas e todos poidades ir aínda que esteades nunha cadeira de rodas ou teñades dificultades de mobilidade doutro tipo. Do primeiro que nos decatamos foi que hai varias prazas de estacion...

"COREANDO" EN SARELA

Imaxe
Ola de novo unha semana máis. Desta vez queremos falarvos dunha nova actividade que temos no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica  SADT : “Coro”. Participamos as persoas usuarias que  de maneira voluntaria nos apuntamos. Nesta actividade traballamos aspectos como a voz, o oído e tamén o respecto e as habilidades sociais. Unha das cousas que estamos a aprender é a interpretar unha canción. Empezamos coa canción "Color de Esperanza" de Diego Torres que, como di a letra, hai que sacar os medos e atreverse a facer.  En cada unha das sesións o que estamos intentando é mellorar a nosa entoación e facemos exercicios de respiración, movemento da lingua, movemento das cordas vocais,   exercicios cun globo etc. Para que vos fagades unha idea, un dos exercicios co globo consiste en inflalo, e tentar mantelo inflado un tempo na boca e taponando a boquilla do globo coa lingua para que o aire non se escape. Despois deixamos que o aire escape do globo pouco a pouco. Nes...

SUPERANDO BARREIRAS

Imaxe
  Ola a tod@s unha semana máis¡ Desta vez adiantámonos un pouco porque a ocasión o merece. Queríamos que esta entrada coincidira co Día Internacional da Muller (8M). A pasada semana, os días 29 de febreiro e 01 de marzo Ana e Laura, dúas compañeiras do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social  (MAPIS)  acudimos a Madrid a unha actividade organizada por CERMI MULLERES polo 8M.  Saímos da estación de Santiago o xoves 29 de febreiro ás 17:45. Aviaxe foi moi cómoda e rápida . ao chegar a Chamartín collemos un taxi que nos levou ao hotel Ilunion onde ceamos e dispuxémonos a descansar. Ás 6:15 levantámonos para poder almorzar ás 7:15 xa que tiñamos que estar no Senado ás 9. Ao chegar alí vimos que  os nosos sitios estaban reservados. Foi unha sensación alucinante. Sentímonos importantes. Nas cinco horas que durou o acto, tratáronse problemáticas e reivindicacións en relación ao colectivo de mulleres con discapacidade en relación a difere...

A INCOMPRENSIÓN DAS SECUELAS INVISIBLES

Imaxe
Ola a tod@s! Neste nova entrada queriamos chamar a atención sobre a existencia das secuelas invisibles e a repercusión que teñen no día a día das persoas con Dano Cerebral Adquirido. A pasada fin de semana a un compañeiro do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica   (SADT)   cando se atopaba estacionando nunha praza para persoas con discapacidade achegáronse a el uns axentes da  policía local e pedíronlle a tarxeta de estacionamento e el ensinoulla. Revisárona e preguntáronlle sarcasticamente por que tiña el a tarxeta. A verdade é que parecía que dubidaran que realmente a precisaba. O noso compañeiro explicoulles que tivera un ictus e que quedara cunha serie de secuelas das chamadas invisibles: memoria, atención planificación... Son as que aínda que non se vexan si son moi incapacitantes. Unha vez feita a explicación os axentes desculpáronse e dixéronlle que aparcara tranquilo. Pero nós non queriamos deixar de manifestar que as secuelas invisibles condicionan tant...

SUPERANDO OBSTÁCULOS

Imaxe
 Boas a tod@s unha semana máis, Son Diego Marzoa  persoa usuaria do Servizo de Orientación Laboral (SOL)  de Sarela. Antes de contar coas habilidades e capacidades necesarias para estar neste servizo fun persoa usuaria do Servizo de Atención Especializada (SAE) , onde me axudaron moito para poder estar tanto física como cognitivamentre como estou hoxe. Sempre lles agradecerei a todas as profesionais o traballo que fixeron comigo e por non deixar de acompañarme no proceso da miña mellora. Antes de nada quero explicar que na actualidade unha das miñas características como persoa é que non me rindo e son moi perseverante, o que me axudou moito na miña recuperación pero tamén no proceso de busca de traballo. Cando cheguei ao servizo, Noelia, a orientadora laboral, deume unha serie de alternativas de inserción que non me convencían xa que despois do meu Dano Cerebral Adquirido (DCA) non podía exercer do que a min máis me gustaba que era ser cociñeiro. Teño un incapacidade...

A TABERNA DÁ PARA MOITO

Imaxe
  Ola de  novo, Como estades? Esperamos que ben. Esta semana queremos contarvos o ben que o pasamos en Sarela. Podemos dicir que somos unha entidade molona. O derradeiro venres antes das vacacións de Nadal, no centro sociocultural do Castiñeiriño as persoas usuarias do  SADT  (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) e de MAPIS  (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social)  fomos a desfrutar dun monólogo de Leticia Mirás, máis coñecida como Leti da Taberna. Podédela seguir nas súas redes sociais: TikTok  e  Instagram  e recomendámolo porque merece a pena. O título do monólogo é  " Enredos" e durou aproximadamente unha hora pero pareceunos moito menos do ben que o pasamos. Tratou aspectos relacionados coas redes sociais e de como hoxe en día as influencers puxeron de moda rutinas de día moi graciosas: skincare, house tour ou tomar un brunch. O complicado para nós cando queremos desfrutar destes eventos, ademai...

FACENDO COMUNIDADE

Imaxe
Ola a todos. Como foi o voso verán? O noso estupendo  Xa estamos de volta. Desta vez queriamos explicarvos o ben que nos sentimos no Servizo de Mellora e  Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión social (MAPIS) o que fai que busquemos actividades para facer en grupo fóra do horario no que vimos a Sarela. Desde setembro a setembro organizamos e puxemos en práctica varias quedadas, case todas para comer, algo co que desfrutamos moito. A primeira quedada foi para xantar no Paz Nogueira e repetimos dúas veces máis sobre todo porque tiñamos un reservado e podíamos falar das nosas cousas sen molestar a ninguén. Despois os que querían ían tomar outro café ao Bar Lupe's. Foron tres xornadas tranquilas e moi divertidas onde puidemos coñecernos un pouco mellor e facer grupo. Outra das nosas saídas foi ir ver o Belén de Luou, facendo antes unha paradiña para comer no restaurante Entrevías. Estivemos moi a gusto durante toda a tarde, desfrutando da compaña mutua. Despois de ir co ser...

A BOLSA AGARIMOSA

Imaxe
Ola de novo amigas e amigos. Estamos aquí co noso blog unha semana máis. Desta vez somos persoas usuarias do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica os encargados de escribir esta entrada. Queremos amosarvos outras das cousas que facemos tanto neste servizo como en MAPIS . Dentro do SADT facémola na actividade de “costura creativa”, onde elaboramos entre outras cousas estas bolsas que valen para gardar todo o  que queirades. Pasos a seguir Comezamos coa elaboración do patrón e elección dos tecidos. Neste caso eliximos tea de liño clariña, idónea para poder decorar nós mesmas con pintura especial para tea. Os deseños son todos diferentes utilizando diferentes técnicas  para que así cada bolsa sexa única e irrepetible. Despois de ter feito o corpo da bolsa hai que elexir a tira que lle queiramos poñer para facer as asas da nosa bolsa. Pareceunos moi boa idea colocar dentro da bolsa un pequeno neceser feito tamén por nós completamente. Así facilítase gardar e atopar  as cous...

AS PRAIAS QUE QUEREMOS

Imaxe
Grazas a unha familiar dunha persoa usuaria do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) puidemos coñecer que hai praias realmente accesibles. As que nos coñeciamos só contan con cadeiras anfibias e cando as había porque a maioría das veces podías ir e non estar porque rompera ou porque xa había tanta cola que se che quitaban as gañas de bañarte. Na provincia da Coruña en tódolos concellos que consultamos (Boiro, Ribeira, Porto do Son, Noia, Outes...) non existen todas estas medidas que nos parecen tan interesantes. As praias das que vos falamos, e nas que hai medios para facelas accesibles, son as praias de Samil e do Vao en Vigo e queremos contarvos todo do que presumen. Isto sabémolo grazas  a María José, familiar de Ismael Rama que é usuario do SADT. Prazas para aparcar preto do posto para persoas con mobilidade reducida. Cadeiras anfibias e muletas anfibias. Paseo accesible que chega ao mar. Servizo adaptado. Padiolas e cubículo para poder cambiar ás persoas con discapac...

MOVÉNDONOS POLO NOSO ENTORNO

Imaxe
  Nas xornadas do PMUS organizadas polo Concello de Santiago Recentemente o Concello de Santiago organizou un proceso aberto á cidadanía para elaborar o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Santiago. Algunhas das persoas usuarias de SADT e de MAPIS participamos nunha desas xornadas e raíz da mesma queremos facer unha reflexión sobre as problemáticas do transporte público e se realmente está “adaptado” ás necesidades de todas as persoas. Os problemas máis destacados que vemos son:  Información pouco adaptada desde o punto de vista cognitivo. Pode haber xente que non poida entender ou ler  os letreiros. Solución: colocar pictogramas para que sexa máis accesible cognitivamente.  Tamén que a información sexa auditiva para que as persoas cegas tamén poidan recibir a información. Perigo de caída cando entras no bus. Non se espera a que as persoas se senten e non se respectan as prioridades dos asentos. Solución: a posible modificación dos carteis para os asentos r...

PAXARIÑOS A VOAR !!!

Imaxe
As persoas usuarias do servizo de MAPIS (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e inclusión Social ) realizamos un proxecto moi bonito que vai facilitar a visita dos paxaros que queiran pasarse polo noso centro. Trátase dunha Casa de Paxaros e pronto estará á venda na nosa tenda para todas as persoas que queiran facerse cunha.  A casiña colgada esperando a visita dos paxaros Para realizala tedes que ter este material e ferramentas de traballo: Bisagras Cartón Escuadras de cartón Papel Pintura Cola branca Parafusos Escuadra e metro Serra Lixa Guantes Gafas de seguridade Pasos para a súa construción: Usando o  patrón de medidas anterior para  a casa de paxaros pasámolas á madeira. Despois cortamos coa serra e lixamos ben a madeira. Para realizar o oco frontal realizamos múltiples buratos co trade e despois lixamos para deixalo o máis redondiño posible. Unha vez temos xa lixadas todas as pezas de madeira, únense coa axuda de escuadras de cartón ou escuadras me...