Coñecéndonos un pouco máis: Ana, Antonio e Jorge
OS NOSOS HOBBIES A nosa vida cambiou moito despois do Dano Cerebral Adquirido (DCA) e hai moitas cousas que non podemos facer pero hai outras novas que nos apasionan e que realizamos con ganas. Ana Pedrosa: Antes do ictus o meu hobbie era sair. Disfrutaba tanto de dar un paseo polas tardes como de sair de festa polas noites. Na actualidade gústame camiñar e ordenar. Paseando en Ponte Nafonso Antonio Calviño: Antes gustábame ver películas, en especial de vaqueiros e acción. Na actualidade, encántame estar co ordenador e traballar dende a casa na miña empresa de electricidade, gas, aire acondicionado ... Jorge Vaamonde: Antes gustábame camiñar, facía moitos km, así como escoitar música. Actualmente gústame moito escoitar música e coleccionar vinilos, ademais de viaxar e pasear, aínda que non camiño tanto como antes.