Publicacións

Mostrando publicacións desta data: marzo, 2025

BARREIRAS

Imaxe
Ola  a todos/a. Na entrada de hoxe queremos falar das dificultades que nos atopamos á hora de realizar ocio xa que para nós é un dos principais inconvenientes para poder desfrutar do noso tempo libre como nos gustaría. Ímosvos contar as principais barreiras cas que nos solemos atopar: Acceso nos pasos de peóns. Cando imos pola rúa atopámonos con que, á hora de cruzar, non hai ramplas en ambos lados do paseo de peóns ou, de habelas, teñen un pequeno bordo que, ó ir en cadeira de rodas, dificúltanos o cruzar. Aceiras moi estreitas. Outra dificultade son que as aceiras son moi estreitas para poder camiñar e aínda encima en moitas ocasións hai farois, árbores no medio ou incluso coches mal aparcados. Os sumidoiros da cidade histórica Cando saímos pola zona vella, os sumidoiros teñen un desnivel que fai que as persoas que usan cadeira de rodas queden atrapadas, ademais de que, teñen reixas e fan que as rodas da cadeira non poida pasar por elas con comodidade. Prazas de aparcamento Un da...

SEGUIMOS CRECENDO

Imaxe
Ola a todos e todas de novo, Este ano Sarela, en adiante Dano Cerebral Santiago de Compostela cumprimos XXV anos. Aí é nada. Temos xa unha traxectoria e podemos dicir con orgullo que somos un centro de referencia na atención ás persoas con Dano Cerebral Adquirido e as súas familias da Área Sanitaria de Santiago de Compostela. Nestes 25 anos cambiaron moitas cousas: sede, profesionais, servizos... pero o  que non cambia é a nosa ilusión e a nosa forma de traballar na que a persoa é o centro das nosas intervencións. Traballamos en prol da mellora da autonomía das persoas con Dano Cerebral Adquirido. Lanzamos unha campaña en redes para que votedes o noso lema para este ano: XXV de Novos Retos XXV anos de Novas Vidas XXV anos Desenvolvendo Camiños para a Autonomía Así que xa sabedes.. adiante coa votación e compartide.  O lema gañador foi "XXV anos de Novos Retos polo que xa o veredes por aquí. Gracias a tódalas persoas que votaron e compartiron. "Fagamos visible o Dano Cerebral ...