BARREIRAS
Ola a todos/a. Na entrada de hoxe queremos falar das dificultades que nos atopamos á hora de realizar ocio xa que para nós é un dos principais inconvenientes para poder desfrutar do noso tempo libre como nos gustaría.
Ímosvos contar as principais barreiras cas que nos solemos atopar:
Acceso nos pasos de peóns.
Cando imos pola rúa atopámonos con que, á hora de cruzar, non hai ramplas en ambos lados do paseo de peóns ou, de habelas, teñen un pequeno bordo que, ó ir en cadeira de rodas, dificúltanos o cruzar.
Aceiras moi estreitas.
Outra dificultade son que as aceiras son moi estreitas para poder camiñar e aínda encima en moitas ocasións hai farois, árbores no medio ou incluso coches mal aparcados.
Os sumidoiros da cidade histórica
Cando saímos pola zona vella, os sumidoiros teñen un desnivel que fai que as persoas que usan cadeira de rodas queden atrapadas, ademais de que, teñen reixas e fan que as rodas da cadeira non poida pasar por elas con comodidade.
Prazas de aparcamento
Un das maiores dificultades son as prazas de aparcamento xa que, non están ben sinalizadas, son pequenas, non hai espazo para poder baixar do coche e en ocasióSn tampouco para baixar a rampla dos coches adaptados.
Falta de asentos nos museos
Os traxectos no museo parécennos moi longos e creemos que deberíamos ter máis lugares de descanso.
Transporte público
Si temos que facer uso do transporte resúltanos complicado xa que, os buses interurbanos teñen chanzos, as paradas non está adaptadas, falta sinalización e as pantallas son pouco accesibles.
Cústanos moito poder saír e cando o facemos atopámonos con moitas barreiras Nos sempre intentamos buscar alternativas para non quedarnos sen poder desfrutar do nos tempo de lecr e visitar lugares que nos gustan. Esperemos que algún día as barreiras desaparezan e exista unha inclusión social real.
"NON IMPORTA QUE VAIAS A MODO, SENÓN QUE NON TE DETEÑAS", Confucio.
Comentarios
Publicar un comentario