Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta letras galegas

CANTAREIRAS

Imaxe
Ola de novo! Xa hai un mes que non nos pasabamos por aquí e queriamos que esta nova entrada fora especial. O sábado pasado celebrouse o día das nosa letras, o día das Letras Galegas, que este ano está dedicado ás cantareiras, esas mulleres do rural que custodiaron a nosa cultura dunha forma oral. As persoas do SADT quixemos facerlle unha homenaxe realizando a nosa propia regueifa e para que o mundo enteiro saiba da nosa creatividade e das nosa gañas de pasalo ben. Aquí vai a nosa aportación á celebración do día das nosa letras.   Eu son Josiño da Ponte Tiven dano cerebral Por culpa da borracheira Que me sentou moi mal. Aila lá larala lala la   Aila lá larala lala Aila lá larala lala Aila la la la la la   De qué te ríes Noeliña Isto non é carallada É o dano cerebral Non che é unha pasada. Aila lá larala lala la   Aila lá larala lala Aila lá larala lala Aila la la la la la   Ai Virgilio do carallo Sempre te queixas do pé Anda un pouco...

Día das Letras Galegas

Imaxe
Co gallo das letras galegas, algunhas das persoas do servizo de MAPIS quixeron facer unha poesía. Este ano adícanse as letras galegas a Florencio Delgado Gurriarán, poeta galego nado en 1903 en Vilamartín de Valdeorras. A súa familia firmemente vinculada co traballo da terra, inculcoulle non só o respecto polo medio, senón tamén polo idioma e a cultura galega. Aínda despois de pasar case toda a nenez dunha cidade castelá a outra nunca esquece Valdeorras, onde regresan cada verán. E onde volve tras a morte da súa nai coa carreira de dereito rematada para comezar unha nova vida. En Valdeorras participará da vida cultural e política, participando activamente na creación do Partido Galeguista e nas primeiras eleccións da II República. "Non me vexas como dis, que eu non son de treboadas. Son tranquilo e vou á modo detrás das miñas olladas.  Dixéchelo ti: quedei como un home sen paz e sen patria  e non sei xa se aínda vivo, e estou do outro lado: alén dos vivos."