AS PRAIAS QUE QUEREMOS
Grazas a unha familiar dunha persoa usuaria do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) puidemos coñecer que hai praias realmente accesibles. As que nos coñeciamos só contan con cadeiras anfibias e cando as había porque a maioría das veces podías ir e non estar porque rompera ou porque xa había tanta cola que se che quitaban as gañas de bañarte. Na provincia da Coruña en tódolos concellos que consultamos (Boiro, Ribeira, Porto do Son, Noia, Outes...) non existen todas estas medidas que nos parecen tan interesantes. As praias das que vos falamos, e nas que hai medios para facelas accesibles, son as praias de Samil e do Vao en Vigo e queremos contarvos todo do que presumen. Isto sabémolo grazas a María José, familiar de Ismael Rama que é usuario do SADT. Prazas para aparcar preto do posto para persoas con mobilidade reducida. Cadeiras anfibias e muletas anfibias. Paseo accesible que chega ao mar. Servizo adaptado. Padiolas e cubículo para poder cambiar ás persoas con discapac...