Que podemos mellorar na estación de autobuses de Santiago?

Hai uns meses que se inaugurou a Estación Bimodal Clara Campoamor en Santiago de Compostela. Non podemos negar que esteticamente é bonita pero para algúns de nós, que temos mobilidade reducida, non resulta nada cómoda.

Expoño a situación:
- Son unha persoa con Dano Cerebral Adquirido a consecuencia dun ictus. Teño mobilidade reducida e levo cadeira de rodas porque a miña resistencia é moi baixa.


- Hai un mes aproximadamente tiven que facer uso da estación porque fun a unha comida en Santiago de Compostela e eu son do concello  de Boiro. Ao chegar tiña que coller un taxi, xa que a miña cita era na outra punta da cidade.

- Para poder coller un taxi tiven que percorrer unha distancia de varios metros a intemperie, desde onde me deixou o autobús ata onde está a parada de taxis, habendo unha porta xusto despois da pasarela  como se ve nas fotos.

Despois de vivir estes feitos consideramos importante  facer constar esta situación  polas posibles consecuencias que este feito poida ocasionar a persoas con dificultades ou imposibilidade  para realizar desprazamentos camiñando  de forma rápida ou en cadeira de rodas. 

Para iso regresamos á estación. Falamos cun taxista e el entendía perfectamente o noso enfado e de feito comentou que eles van tamén a denunciar esta situación. Probamos a saír por esa porta que está preto da pasarela cuberta e o vixiante de seguridade advertiunos, cando saímos por esa saída, que non se podía, que era unha porta de emerxencia e non se podía usar . Nós tratamos de explicarlle as nosas dificultades para percorrer o espacio que hai desde a dársena ata a parada de taxis e a solución que nos dou foi: "ide a coller o taxi á estación do tren subindo polo ascensor". Por que razón temos que atravesar toda a estación de autobuses e tren para coller un taxi? Iso non é discriminatorio?

Dende Mapis Blogueando propoñemos:
1. Facer una cuberta que vaia desde a dásena ata a parada de taxis. Con esta solución non nos mollaríamos pero a distancia seguiría sendo a mesma.
2. Colocar a parada de taxis más preto da dársena.
3. Habilitar unha porta a carón da porta de emerxencia para poder saír da estación sen mollarnos e sen percorrer tanta distancia.

Que pensades? Xa coñecedes a estación? Credes que é importante solucionar este tema?

Esperamos as vosas aportacións.


Comentarios

  1. Son o protagonista e Hai que mellorar a sociedade

    ResponderEliminar
  2. ola, eu tamen teño DCA por ictus,e coñezo a estacion. Todo o que comentas e certo e a mais donde esta aparada de taxis non hay donde protegerse nin da chuvia nin do sol e decir non hay nin marquesina nin un tellado no que te poidas abrigar, tes que esperar a intemperie porque desde dentro non se ven os taxis , se nota que o que disseñou a estacion non ten problemas de movilidade.Animovos a todos a espoñer as vosas queixas a ver se conseguimos algo a union fai a forza, un saludo amigos

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

SENTIR A MÚSICA

REHABILITANDO