Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2023

VIVINDO O VERÁN

Ola a todo@s,  Esta semana queremos falarvos dunha actividade que xa levamos varios anos facendo e da que desfrutamos moito.  Son os campamentos da Xunta de Galicia cunha duración de 10 días e queremos explicar como foi todo o proceso. Desde  Sarela informáronnos da convocatoria  e co apoio das profesionais do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica ( SADT ) realizamos a inscrición desde a sede electrónica da Xunta. Semanas despois notificaron que estabamos admitidos e o lugar e datas nas que podiamos acudir. No noso caso eliximos ir ao Carballiño, Bergondo e Nigrán no mes de setembro. No Carballiño desfrutamos de  múltiples actividades como  rutas de sendeirismo, manualidades, etc. O lugar onde se realizou o campamento era moi espazoso e podemos dicir que había moi bos e boas profesionais que nos axudaron en todo momentos. Algo que botamos de menos foi non ter piscina ou praia fluvial preto porque ao facer calor poderiamos desfrutar dela.  En Nigrán e Bergondo o que máis nos gustou

FACENDO COMUNIDADE

Imaxe
Ola a todos. Como foi o voso verán? O noso estupendo  Xa estamos de volta. Desta vez queriamos explicarvos o ben que nos sentimos no Servizo de Mellora e  Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión social (MAPIS) o que fai que busquemos actividades para facer en grupo fóra do horario no que vimos a Sarela. Desde setembro a setembro organizamos e puxemos en práctica varias quedadas, case todas para comer, algo co que desfrutamos moito. A primeira quedada foi para xantar no Paz Nogueira e repetimos dúas veces máis sobre todo porque tiñamos un reservado e podíamos falar das nosas cousas sen molestar a ninguén. Despois os que querían ían tomar outro café ao Bar Lupe's. Foron tres xornadas tranquilas e moi divertidas onde puidemos coñecernos un pouco mellor e facer grupo. Outra das nosas saídas foi ir ver o Belén de Luou, facendo antes unha paradiña para comer no restaurante Entrevías. Estivemos moi a gusto durante toda a tarde, desfrutando da compaña mutua. Despois de ir co servizo

A BOLSA AGARIMOSA

Imaxe
Ola de novo amigas e amigos. Estamos aquí co noso blog unha semana máis. Desta vez somos persoas usuarias do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica os encargados de escribir esta entrada. Queremos amosarvos outras das cousas que facemos tanto neste servizo como en MAPIS . Dentro do SADT facémola na actividade de “costura creativa”, onde elaboramos entre outras cousas estas bolsas que valen para gardar todo o  que queirades. Pasos a seguir Comezamos coa elaboración do patrón e elección dos tecidos. Neste caso eliximos tea de liño clariña, idónea para poder decorar nós mesmas con pintura especial para tea. Os deseños son todos diferentes utilizando diferentes técnicas  para que así cada bolsa sexa única e irrepetible. Despois de ter feito o corpo da bolsa hai que elexir a tira que lle queiramos poñer para facer as asas da nosa bolsa. Pareceunos moi boa idea colocar dentro da bolsa un pequeno neceser feito tamén por nós completamente. Así facilítase gardar e atopar  as cousas máis pequen

FACENDO CAMIÑO

Imaxe
Outra semana máis con tod@s vos.  Que tal foi a vosa semana?  Hoxe vimos contarvos unha actividade que nos aportou moito e que estamos desexando volvela facer: O CAMIÑO DE SANTIAGO. 15  persoas usuarias do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social MAPIS  realizamos por tramos e por nivel diferentes etapas do Camiño de Santiago Francés e que as podedes ver aquí.   RUTA GRUPO 1 – 6 etapas  XOVES 1 Tenda Espe - Lavacolla Camping San Marcos 3.9 km 27.04.2023 2 Burgo ARCA Amenal 3.8 km 04.05.2023 3 Amenal San Paio 4.2 km 11.05.2023 4 San Paio Casa Amancio 3.8 km 25.05.2023 5 Camping San Marcos San Lázaro 3.6 km 01.06.2023 6 San Lázaro Praza do Obradoiro 3.

DESFRUTANDO DA AUGA !!

Imaxe
 Hola a todos outra semana máis¡¡ Hoxe queríamos que coñcecérades unha actividade que desfrutamos moito e ademais o mellor é que tódolos servizos da entidade puidemos asistir: Servizo de Información, Orientación e Apoio ás familias , Servizo de Atención Diurna Terapéutica , Servizo de Atención Especializada e Servizo de Orientación Laboral.  gracias a unha Suvbención do Concello de Santiago de Terapia Acuática na que unhas das súas actividades é a Actividade de Balneario. Comentaremos a experiencia dende a ollada de varias persoas usuarias do SADT. Acudimos ao Hotel Balneario Compostela ubicado nun Concello próximo a Santiago de Compostela chamado Brión. Dirección:  CTRA.SANTIAGO-NOIA, Km 8, 15280 Brión, A Coruña. Fixemos grupos e fomos acompañados de varios profesionais e queremos compartir con todos vos a nosa experiencia resaltando tanto as cousas positivas como negativas. En xeral podemos afirmar que é unha actividade que nos gustou. Ademais moitos de nos nunca fóramos a un balnea

AS PRAIAS QUE QUEREMOS

Imaxe
Grazas a unha familiar dunha persoa usuaria do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) puidemos coñecer que hai praias realmente accesibles. As que nos coñeciamos só contan con cadeiras anfibias e cando as había porque a maioría das veces podías ir e non estar porque rompera ou porque xa había tanta cola que se che quitaban as gañas de bañarte. Na provincia da Coruña en tódolos concellos que consultamos (Boiro, Ribeira, Porto do Son, Noia, Outes...) non existen todas estas medidas que nos parecen tan interesantes. As praias das que vos falamos, e nas que hai medios para facelas accesibles, son as praias de Samil e do Vao en Vigo e queremos contarvos todo do que presumen. Isto sabémolo grazas  a María José, familiar de Ismael Rama que é usuario do SADT. Prazas para aparcar preto do posto para persoas con mobilidade reducida. Cadeiras anfibias e muletas anfibias. Paseo accesible que chega ao mar. Servizo adaptado. Padiolas e cubículo para poder cambiar ás persoas con discapacidad

MOVÉNDONOS POLO NOSO ENTORNO

Imaxe
  Nas xornadas do PMUS organizadas polo Concello de Santiago Recentemente o Concello de Santiago organizou un proceso aberto á cidadanía para elaborar o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Santiago. Algunhas das persoas usuarias de SADT e de MAPIS participamos nunha desas xornadas e raíz da mesma queremos facer unha reflexión sobre as problemáticas do transporte público e se realmente está “adaptado” ás necesidades de todas as persoas. Os problemas máis destacados que vemos son:  Información pouco adaptada desde o punto de vista cognitivo. Pode haber xente que non poida entender ou ler  os letreiros. Solución: colocar pictogramas para que sexa máis accesible cognitivamente.  Tamén que a información sexa auditiva para que as persoas cegas tamén poidan recibir a información. Perigo de caída cando entras no bus. Non se espera a que as persoas se senten e non se respectan as prioridades dos asentos. Solución: a posible modificación dos carteis para os asentos reservados, máis des

PAXARIÑOS A VOAR !!!

Imaxe
As persoas usuarias do servizo de MAPIS (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e inclusión Social ) realizamos un proxecto moi bonito que vai facilitar a visita dos paxaros que queiran pasarse polo noso centro. Trátase dunha Casa de Paxaros e pronto estará á venda na nosa tenda para todas as persoas que queiran facerse cunha.  A casiña colgada esperando a visita dos paxaros Para realizala tedes que ter este material e ferramentas de traballo: Bisagras Cartón Escuadras de cartón Papel Pintura Cola branca Parafusos Escuadra e metro Serra Lixa Guantes Gafas de seguridade Pasos para a súa construción: Usando o  patrón de medidas anterior para  a casa de paxaros pasámolas á madeira. Despois cortamos coa serra e lixamos ben a madeira. Para realizar o oco frontal realizamos múltiples buratos co trade e despois lixamos para deixalo o máis redondiño posible. Unha vez temos xa lixadas todas as pezas de madeira, únense coa axuda de escuadras de cartón ou escuadras metálicas. Despo

DESFRUTANDO DA CIDADE DE COMPOSTELA

Imaxe
No mes de marzo varias persoas de SADT  fomos á exposición   “Sempre Máis” no Auditorio de Galicia que trataba sobre o recordatorio da traxedia do afundimento do Prestige cando se cumprían 20 anos do suceso. Trátase  dunha exposición de obras anónimas, cousa que nos chamou atención e nos gustou moito. En primeiro lugar g ustaríanos destacar que isto se debería repetir máis a miúdo para que non quedase no esquecemento e non se volvera a repetir unha traxedia coma esta. Agora imos falar sobre a súa accesibilidade para poder axudar a outras persoas que teñan dificultades de mobilidade. Ao chegar ao Auditorio de Galicia  vas atopar prazas de aparcamento reservadas preto da porta para poder aparcar sen problemas. Na entrada, despois da rampa, decatámonos de que a porta non é  accesible para todas as persoas. Para abrila, unha compañeira en cadeira de rodas non o podía facer ela soa, precisando de alguén que lla abrira. A solución sería unha porta corredeira para facilitar o acceso a perso

A INFORMACIÓN É PODER

Imaxe
Ola son Roberto Rodríguez e fun persoa usuaria do SAE . Eu e a miña familia coñecemos a Asociación de Dano Cerebral de Compostela Sarela  a  través doutra familia que estivo recibido rehabilitación na mesma e sendo a súa recuperación moi boa xa que que incluso está traballando.  Ao ter tan boas referencias ... un día decidimos probar.  Quero que entendades un pouco a razón de acudir a Sarela. E u tiven un accidente de bicicleta e como consecuencia do Traumatismo Cranioencefálico (TCE) teño un Dano Cererbal Adquirido (DCA). A miña intención despois da alta hospitalaria, e de que ninguén me falara deste recurso, era levar unha vida normal, o máis autónoma posible, mais dinme conta de que había cousas que non funcionaban e que  non ian como deberían ir. Por exemplo, a miña memoria. Fallaba e moitas cousas que facía ou que pasaban non me lembraba sen axuda. Para poder recordar precisaba de pistas. Ademais nas tarefas da casa se Elena, a miña muller, non mas recordaba quedaban sen facer

OLLADA CRÍTICA A CIDADE DA CULTURA

Imaxe
Xa fai tempo no  SADT   organizamos unha saída ao  exterior.  Tratábase dunha visita guiada á Cidade da Cultura , no Monte Gaiás de Santiago de Compostela. Coñecédela? Ese día proporcionáronnos moita información valiosa para coñecer un pouco máis ese complexo arquitectónico.  Moitas veces oín falar desta construcción, e non sempre ben xa que aos seres humanos encántanos xulgar e falar sen saber. Vou ir explicando todo o que aprendemos: - Foi deseñada polo arquitecto Peter Eisenman. - Inspirouse para realizar o seu proxecto en representar o casco histórico de Santiago pero máis moderno e en una cuncha de vieira, símbolo do peregrino. - O color dos edificios son gris coralino por fora e brancos por dentro. - Conta cunha columna máxica onde ten unha porta que esconde o sistema eléctrico. - Quiso que formara parte do propio monte e respetou a medida das ladeiras. - Este espacio, en tempos de pandemia tivo un papel importante moi necesario. Converteuse en vacunódromo. En can