VIVINDO O VERÁN
Ola a todo@s,
Esta semana queremos falarvos dunha actividade que xa levamos varios anos facendo e da que desfrutamos moito.
Son os campamentos da Xunta de Galicia cunha duración de 10 días e queremos explicar como foi todo o proceso.
Desde Sarela informáronnos da convocatoria e co apoio das profesionais do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) realizamos a inscrición desde a sede electrónica da Xunta.
Semanas despois notificaron que estabamos admitidos e o
lugar e datas nas que podiamos acudir. No noso caso eliximos ir ao Carballiño, Bergondo e Nigrán no mes de setembro.
No Carballiño desfrutamos de múltiples actividades como rutas de sendeirismo, manualidades, etc. O lugar onde se realizou o campamento era moi espazoso e podemos dicir que había moi bos e boas profesionais que nos axudaron en todo momentos. Algo que botamos de menos foi non ter piscina ou praia fluvial preto porque ao facer calor poderiamos desfrutar dela.
En Nigrán e Bergondo o que máis nos gustou foi ir a praia, facer diferentes deportes e rutas de sendeirismo.
En todos os campamentos compártese habitación o que favorece que coñezas xente e crees novas amizades. Agora o ideal sería manter o contacto con esas persoas.
O que todos temos claro que para o próximo ano queremos
repetir.
"CADA VERÁN TEN A SÚA HISTORIA"
Victorino, Isaías, Amadeo e Manuel López (persoas usuarias do SADT)
Comentarios
Publicar un comentario