ENGLISH GRADUATION
Ola a todos e todas! Como estades? Esperamos que moi ben. Xa se achega o verán e con el o remate de moitas actividades. Nós hoxe queremos explicar unha desas actividades que realizamos no Servizo de atención diúrna terapéutica (SADT) e coa que estamos encantadas e encantados. A sesión que imos contar foi, ademais, especial. O día 3 de maio, como cada venres, algunhas persoas do SADT asistimos á actividade que se chama "English Coffee" e na que praticamos os nosos coñecementos de inglés e, por suposto, aprendemos outros novos. Levamos facendo esta actividade varios anos pero desde o pasado temos unha voluntaria encantadora que se chama Marta e que lle deu á actividade un troco que a todas e todos nos encanta. Ese venres, o primeiro que nos sorprendeu foi que cambiamos de espazo. Normalmente “tomamos” o “english coffee” nalgunha das salas do noso servizo mais ese día fomos ao primeiro andar, onde esta a sala de formación de Sarela. Ao subir, tivemos que esperar un pouco e des...