SUPERANDO BARREIRAS
Ola a tod@s unha semana máis¡ Desta vez adiantámonos un pouco porque a ocasión o merece. Queríamos que esta entrada coincidira co Día Internacional da Muller (8M). A pasada semana, os días 29 de febreiro e 01 de marzo Ana e Laura, dúas compañeiras do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) acudimos a Madrid a unha actividade organizada por CERMI MULLERES polo 8M. Saímos da estación de Santiago o xoves 29 de febreiro ás 17:45. Aviaxe foi moi cómoda e rápida . ao chegar a Chamartín collemos un taxi que nos levou ao hotel Ilunion onde ceamos e dispuxémonos a descansar. Ás 6:15 levantámonos para poder almorzar ás 7:15 xa que tiñamos que estar no Senado ás 9. Ao chegar alí vimos que os nosos sitios estaban reservados. Foi unha sensación alucinante. Sentímonos importantes. Nas cinco horas que durou o acto, tratáronse problemáticas e reivindicacións en relación ao colectivo de mulleres con discapacidade en relación a difere...