Publicacións

"COREANDO" EN SARELA

Imaxe
Ola de novo unha semana máis. Desta vez queremos falarvos dunha nova actividade que temos no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica  SADT : “Coro”. Participamos as persoas usuarias que  de maneira voluntaria nos apuntamos. Nesta actividade traballamos aspectos como a voz, o oído e tamén o respecto e as habilidades sociais. Unha das cousas que estamos a aprender é a interpretar unha canción. Empezamos coa canción "Color de Esperanza" de Diego Torres que, como di a letra, hai que sacar os medos e atreverse a facer.  En cada unha das sesións o que estamos intentando é mellorar a nosa entoación e facemos exercicios de respiración, movemento da lingua, movemento das cordas vocais,   exercicios cun globo etc. Para que vos fagades unha idea, un dos exercicios co globo consiste en inflalo, e tentar mantelo inflado un tempo na boca e taponando a boquilla do globo coa lingua para que o aire non se escape. Despois deixamos que o aire escape do globo pouco a pouco. Nesta actividade

SUPERANDO BARREIRAS

Imaxe
  Ola a tod@s unha semana máis¡ Desta vez adiantámonos un pouco porque a ocasión o merece. Queríamos que esta entrada coincidira co Día Internacional da Muller (8M). A pasada semana, os días 29 de febreiro e 01 de marzo Ana e Laura, dúas compañeiras do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social  (MAPIS)  acudimos a Madrid a unha actividade organizada por CERMI MULLERES polo 8M.  Saímos da estación de Santiago o xoves 29 de febreiro ás 17:45. Aviaxe foi moi cómoda e rápida . ao chegar a Chamartín collemos un taxi que nos levou ao hotel Ilunion onde ceamos e dispuxémonos a descansar. Ás 6:15 levantámonos para poder almorzar ás 7:15 xa que tiñamos que estar no Senado ás 9. Ao chegar alí vimos que  os nosos sitios estaban reservados. Foi unha sensación alucinante. Sentímonos importantes. Nas cinco horas que durou o acto, tratáronse problemáticas e reivindicacións en relación ao colectivo de mulleres con discapacidade en relación a diferentes temas nos que consi

A INCOMPRENSIÓN DAS SECUELAS INVISIBLES

Imaxe
Ola a tod@s! Neste nova entrada queriamos chamar a atención sobre a existencia das secuelas invisibles e a repercusión que teñen no día a día das persoas con Dano Cerebral Adquirido. A pasada fin de semana a un compañeiro do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica   (SADT)   cando se atopaba estacionando nunha praza para persoas con discapacidade achegáronse a el uns axentes da  policía local e pedíronlle a tarxeta de estacionamento e el ensinoulla. Revisárona e preguntáronlle sarcasticamente por que tiña el a tarxeta. A verdade é que parecía que dubidaran que realmente a precisaba. O noso compañeiro explicoulles que tivera un ictus e que quedara cunha serie de secuelas das chamadas invisibles: memoria, atención planificación... Son as que aínda que non se vexan si son moi incapacitantes. Unha vez feita a explicación os axentes desculpáronse e dixéronlle que aparcara tranquilo. Pero nós non queriamos deixar de manifestar que as secuelas invisibles condicionan tanto a vida como as se

SUPERANDO OBSTÁCULOS

Imaxe
 Boas a tod@s unha semana máis, Son Diego Marzoa  persoa usuaria do Servizo de Orientación Laboral (SOL)  de Sarela. Antes de contar coas habilidades e capacidades necesarias para estar neste servizo fun persoa usuaria do Servizo de Atención Especializada (SAE) , onde me axudaron moito para poder estar tanto física como cognitivamentre como estou hoxe. Sempre lles agradecerei a todas as profesionais o traballo que fixeron comigo e por non deixar de acompañarme no proceso da miña mellora. Antes de nada quero explicar que na actualidade unha das miñas características como persoa é que non me rindo e son moi perseverante, o que me axudou moito na miña recuperación pero tamén no proceso de busca de traballo. Cando cheguei ao servizo, Noelia, a orientadora laboral, deume unha serie de alternativas de inserción que non me convencían xa que despois do meu Dano Cerebral Adquirido (DCA) non podía exercer do que a min máis me gustaba que era ser cociñeiro. Teño un incapacidade permanente total,

A TABERNA DÁ PARA MOITO

Imaxe
  Ola de  novo, Como estades? Esperamos que ben. Esta semana queremos contarvos o ben que o pasamos en Sarela. Podemos dicir que somos unha entidade molona. O derradeiro venres antes das vacacións de Nadal, no centro sociocultural do Castiñeiriño as persoas usuarias do  SADT  (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) e de MAPIS  (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social)  fomos a desfrutar dun monólogo de Leticia Mirás, máis coñecida como Leti da Taberna. Podédela seguir nas súas redes sociais: TikTok  e  Instagram  e recomendámolo porque merece a pena. O título do monólogo é  " Enredos" e durou aproximadamente unha hora pero pareceunos moito menos do ben que o pasamos. Tratou aspectos relacionados coas redes sociais e de como hoxe en día as influencers puxeron de moda rutinas de día moi graciosas: skincare, house tour ou tomar un brunch. O complicado para nós cando queremos desfrutar destes eventos, ademais da accesibilidade cognitiva, está o t

UNHA MAÑÁN POLO TEATRO PRINCIPAL

Imaxe
Ola a tod@s, Que tal estades? Esperamos que empezarades o 2024 con moi bo pe. Nós desde o servizo de Mellora e Mantemento  da Autonomía Persoal e Inclusión Social ( MAPIS ) podemos dicir que o comenzamos pola porta grande. O xoves 11 de xaneiro asistimos ao Teatro Principal a un concerto didáctico do programa Cultura C do Concello de Santiago que quere favorecer e promover que os escolares e persoas usuarias de distintas asociacións poidamos desfrutar da arte musical e interpretativa. Primeiro queremos que coñezades a sinopse da obra e despois xa explicamos polo miúdo a nosa visión tanto da mesma como do Teatro Principal e as rúas de Compostela nas que atopa este teatro. Sinopse:  Un día Frida, unha adolescente “aburrida da vida”, descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KALHO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partires de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida da cativa

SENTIR A MÚSICA

Imaxe
 Ola de novo as tod@s, Estamos de volta unha semana máis e queriamos nesta entrada que coñecerades un pouco o  importante que é a música para algún dos nosos compañeiros. Desde o servizo de Mellora Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS)  queremos que coñezades a marabillosa relación que temos coa música. Óscar Salgado sempre foi un apaixoado da música e desde que ten Dano Cerebal Adquirido (DCA) non o deixou de lado senón que segue asistindo a concertos e tocando cada vez que pode. Jesús García  acode a clases de piano desde que tivo o DCA e é algo que o motiva e os compañeiros e compañeiras  desfrutamos cada semana cos seus avances que nos ensina ilusionado desde o seu móbil. Podemos dicir que en xeral cada un/unha de nós desfrutamos da música dunha forma activa (cantando e tocando) ou pasiva (escoitándoa, asistindo a concertos etc). Imos darvos algún exemplos: A Domingo encántalle cantar, Anxo desfruta tocando tamén a súa guitarra, o fillo de Laura é un compositor