Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta reinvidicación

Barreiras impostas

Imaxe
As persoas que asistimos a MAPIS ( Servizo de mellora e mantemento da autonomía persoal e inclusión social ), temos que empregar frecuentemente dous pasos de peóns que dificultan a nosa autonomía.  Os pasos en cuestión atópanse na Rúa do Castiñeiriño, entre o n.º 29 e o n.º 45. O tempo que hai para cruzar é insuficiente como podedes ver no vídeo.  Ao ter un tempo moi limitado as persoas con dificultade de movemento (hemiplexía ou calquera outra patoloxía que non nos permite manter un ritmo de marcha rápido) non poden cruzar a tempo. Nós queremos levar unha vida o máis autónoma posible pero elementos como este impídennos facer moitas das actividades que nos propoñemos no noso futuro. Para nós convértense en obstáculos que nos limitan o día a día, e algunha veces poñen de manifesto a falta de apoios procedentes da administración pública cara as persoas con discapacidade. Ademais de darlle visibilidade a través do blog, trasladaremos esta problemática á Oficina de Tráfico de S...

Día de convivencia na Granxa do Xesto

Imaxe
O luns 11 de xullo estivemos tod@s @s compañeir@s de MAPIS na Granxa do Xesto. Alí fixemos unha xornada de convivencia con voluntarios de Cooperación Internacional. Eles viñeron a Santiago a facer o Camiño e nas xornadas que están en Santiago realizan voluntariado. Ao chegar trasladámonos á cafetería para poder facer algún xogo de presentación. Chegar alí arriba costounos un montón. As pistas están irregulares e cheas de pedras co que as cadeiras de rodas non poden subir senon son empuxadas por dúas ou tres  persoas.  Pedimos ao Concello de Santiago que teña en conta ás persoas con discapacidade para que arranxe esas pistas e poder disfrutar de verdade de zonas verdes da nosa cidade. Propoñemos que tentedes chegar do aparcamento ao bar nunha cadeira de rodas ou cun bastón e poidades comprobar así  as dificultades que pasamos. Queremos agradecer aos voluntarios a súa labor xa que fixeron este traxecto máis fácil para as profesionais de Sarela, que terían que subirnos elas ...

Que podemos mellorar na estación de autobuses de Santiago?

Imaxe
Hai uns meses que se inaugurou a Estación Bimodal Clara Campoamor en Santiago de Compostela. Non podemos negar que esteticamente é bonita pero para algúns de nós, que temos mobilidade reducida, non resulta nada cómoda. Expoño a situación: - Son unha persoa con Dano Cerebral Adquirido a consecuencia dun ictus. Teño mobilidade reducida e levo cadeira de rodas porque a miña resistencia é moi baixa. - Hai un mes aproximadamente tiven que facer uso da estación porque fun a unha comida en Santiago de Compostela e eu son do concello  de Boiro. Ao chegar tiña que coller un taxi, xa que a miña cita era na outra punta da cidade. - Para poder coller un taxi tiven que percorrer unha distancia de varios metros a intemperie, desde onde me deixou o autobús ata onde está a parada de taxis, habendo unha porta xusto despois da pasarela  como se ve nas fotos. Despois de vivir estes feitos consideramos importante  facer constar esta situación  polas posibles consecuencias que este feito...