Barreiras impostas

As persoas que asistimos a MAPIS (Servizo de mellora e mantemento da autonomía persoal e inclusión social), temos que empregar frecuentemente dous pasos de peóns que dificultan a nosa autonomía. 

Os pasos en cuestión atópanse na Rúa do Castiñeiriño, entre o n.º 29 e o n.º 45. O tempo que hai para cruzar é insuficiente como podedes ver no vídeo. 

Ao ter un tempo moi limitado as persoas con dificultade de movemento (hemiplexía ou calquera outra patoloxía que non nos permite manter un ritmo de marcha rápido) non poden cruzar a tempo.

Nós queremos levar unha vida o máis autónoma posible pero elementos como este impídennos facer moitas das actividades que nos propoñemos no noso futuro. Para nós convértense en obstáculos que nos limitan o día a día, e algunha veces poñen de manifesto a falta de apoios procedentes da administración pública cara as persoas con discapacidade.

Ademais de darlle visibilidade a través do blog, trasladaremos esta problemática á Oficina de Tráfico de Santiago e solicitaremos un incremento de tempo para poder cruzar sen temer pola nosa integridade. Só queremos que se nos escoite para poder conseguir unha sociedade na que se nos escoite e se nos dea voz.

Seguiremos, día a día, defendendo os nosos dereitos.





"Se non podemos poñer fin as nosas diferencias, fagamos  que o mundo sexa un lugar apto para elas"

Fai comentarios ou pregunta o que queiras!!!


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA