Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta inclusión

VIVINDO A VIDA

Imaxe
Ola de novo a todos e todas! Esta semana o que vimos contarvos foi a saída que tivemos ao Burger King  e que elixiu un dos nosos compañeiros. A verdade é que nos fixo moita ilusión porque nos sentimos xenial. En concreto, algunhas das persoas usuarias do SADT   fomos ao Burguer King de Montouto (Teo) a xantar.  Víctor, un dos nosos compañeiros, tiña a petición de ir alí así que xunto coa súa titora planificaron esta saída polo seu aniversario. Esta saída gustounos porque ademais de tomar unha hamburguesa, como fai o resto da xente que á lle gusta ese tipo de comida,  saímos da rutina. A verdade é que nos sentimos moi ben e como parte da sociedade por facer algo tan sinxelo como isto. Fixádevos con que pouco nos conformamos. Ao chegar alí pedimos o xantar nas pantallas táctiles xigantes que existen para escoller o que queres tomar. Xunto coas profesionais que nos acompañaron, cadaquén pediu o seu xantar e sobremesa e cada un pagamos o que consumimos. Algo que tam...

Baixo o mesmo paraugas

Imaxe
Ola de novo, Témosvos abandonados/as pero aínda coa resaca emocional de celebrar o Día do Dano Cerebral tivemos que preparar a conmemoración do Día da Discapacidade que se celebrou o 3 decembro. Desde fai uns anos participamos na iniciativa "Baixo o mesmo paraugas", que ten como filosofía que todas as persoas temos cabida no mundo sen importar a nosa condición.  Este ano un grupo de persoas usuarias de  SADT  e de MAPIS  fomos ata A Coruña á lectura do manifesto nun acto onde reivindicamos os nosos dereitos e loitamos por mellores recoñecementos para as persoas con discapacidade. O que queremos é que isto non se quede nun acto simbólico, queremos xuntar a forza necesaria  para conseguir os nosos obxectivos. Querenmos que non quede nun día e comprometémonos a facelo tódolos días do ano. Temos dereito a dispor das mesmas oportunidades xa que somos iguais ante a lei e así o di a nosa Constitución. O Día da Discapacidade é importante, e non só para nós, senón para...