A TABERNA DÁ PARA MOITO
Ola de novo, Como estades? Esperamos que ben. Esta semana queremos contarvos o ben que o pasamos en Sarela. Podemos dicir que somos unha entidade molona. O derradeiro venres antes das vacacións de Nadal, no centro sociocultural do Castiñeiriño as persoas usuarias do SADT (Servizo de Atención Diúrna Terapéutica) e de MAPIS (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social) fomos a desfrutar dun monólogo de Leticia Mirás, máis coñecida como Leti da Taberna. Podédela seguir nas súas redes sociais: TikTok e Instagram e recomendámolo porque merece a pena. O título do monólogo é " Enredos" e durou aproximadamente unha hora pero pareceunos moito menos do ben que o pasamos. Tratou aspectos relacionados coas redes sociais e de como hoxe en día as influencers puxeron de moda rutinas de día moi graciosas: skincare, house tour ou tomar un brunch. O complicado para nós cando queremos desfrutar destes eventos, ademai...