SUPERANDO OBSTÁCULOS
Boas a tod@s unha semana máis, Son Diego Marzoa persoa usuaria do Servizo de Orientación Laboral (SOL) de Sarela. Antes de contar coas habilidades e capacidades necesarias para estar neste servizo fun persoa usuaria do Servizo de Atención Especializada (SAE) , onde me axudaron moito para poder estar tanto física como cognitivamentre como estou hoxe. Sempre lles agradecerei a todas as profesionais o traballo que fixeron comigo e por non deixar de acompañarme no proceso da miña mellora. Antes de nada quero explicar que na actualidade unha das miñas características como persoa é que non me rindo e son moi perseverante, o que me axudou moito na miña recuperación pero tamén no proceso de busca de traballo. Cando cheguei ao servizo, Noelia, a orientadora laboral, deume unha serie de alternativas de inserción que non me convencían xa que despois do meu Dano Cerebral Adquirido (DCA) non podía exercer do que a min máis me gustaba que era ser cociñeiro. Teño un incapacidade...