Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2023

Recíclate

Imaxe
  “ O vidro pode ter moitas vidas! Recíclao!”. Lino no contedor de reciclaxe e de aí partiu a miña idea. “ As persoas, escoitade ben PERSOAS, aínda que teñamos un DCA, podemos ter moitas vidas, Recíclate”.  A  vida non acabou aí. Temos que pensar que rematou unha etapa e que agora comeza outra. Non estamos limitados e limitadas para todo, haberá algunha cousa que si poidamos facer. Non si? Eu na miña vida, nunca me imaxinei vivir este gran cambio. A min gustábanme, e gústanme, moito as motos e, aínda que son consciente de que non podo utilizalas como o facía antes, si podo ler sobre elas, ver vídeos e desfrutar cando as vexo na rúa. O de montar de novo… xa se verá! Tamén realizo outras actividades ás que antes non lle dedicaba o tempo suficiente porque non era unha das miñas prioridades nese momento. Agora desfruto delas, como é o caso da escritura. Case tódolos días dáseme por escribir e plasmar nun papel os meus sentimentos e reflexións. Xa vos dades conta do que vos estou

Barreiras impostas

Imaxe
As persoas que asistimos a MAPIS ( Servizo de mellora e mantemento da autonomía persoal e inclusión social ), temos que empregar frecuentemente dous pasos de peóns que dificultan a nosa autonomía.  Os pasos en cuestión atópanse na Rúa do Castiñeiriño, entre o n.º 29 e o n.º 45. O tempo que hai para cruzar é insuficiente como podedes ver no vídeo.  Ao ter un tempo moi limitado as persoas con dificultade de movemento (hemiplexía ou calquera outra patoloxía que non nos permite manter un ritmo de marcha rápido) non poden cruzar a tempo. Nós queremos levar unha vida o máis autónoma posible pero elementos como este impídennos facer moitas das actividades que nos propoñemos no noso futuro. Para nós convértense en obstáculos que nos limitan o día a día, e algunha veces poñen de manifesto a falta de apoios procedentes da administración pública cara as persoas con discapacidade. Ademais de darlle visibilidade a través do blog, trasladaremos esta problemática á Oficina de Tráfico de Santiago e

Sobremesas amorosas... sobremesas saborosas

Imaxe
Para nós os aniversarios dos compañeiros e compañeiras do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica non son un día ao ano, é un mes enteiro! Cada día polas mañás, na actividade de  Orientación , recordamos os aniversarios das/os compañeiros/as que cumpren ese mes. Para as/os "cumpreañeiras/os" supón unha sensación de felicidade. Materialízase nunha sobremesa especial á que nos convidan o último venres do mes despois de xantar.  Pero non vos vaiades pensar que isto é tarefa sinxela, noooon. Hai moito traballo detrás  e tamén, moita moita ilusión. As/os "cumpreañeiras/os" e outras persoas fixas que  participan na actividade de cociña, xúntanse  os venres pola mañá e comezan todo un proceso. Pensan a receita  e  os produtos necesarios así como as cantidades precisas, o custe dos mesmos e a forma de preparala. Unha vez está todo planificado vaise facer realidade o derradeiro venres do mes. Todas as persoas que cumpren anos aportan unha cantidade simbólica para poder mer