Recíclate

 

O vidro pode ter moitas vidas! Recíclao!”. Lino no contedor de reciclaxe e de aí partiu a miña idea.

As persoas, escoitade ben PERSOAS, aínda que teñamos un DCA, podemos ter moitas vidas, Recíclate”. vida non acabou aí.

Temos que pensar que rematou unha etapa e que agora comeza outra. Non estamos limitados e limitadas para todo, haberá algunha cousa que si poidamos facer. Non si?

Eu na miña vida, nunca me imaxinei vivir este gran cambio.

A min gustábanme, e gústanme, moito as motos e, aínda que son consciente de que non podo utilizalas como o facía antes, si podo ler sobre elas, ver vídeos e desfrutar cando as vexo na rúa. O de montar de novo… xa se verá!

Tamén realizo outras actividades ás que antes non lle dedicaba o tempo suficiente porque non era unha das miñas prioridades nese momento. Agora desfruto delas, como é o caso da escritura. Case tódolos días dáseme por escribir e plasmar nun papel os meus sentimentos e reflexións.

Xa vos dades conta do que vos estou falando. Gústame moito "darlle ao melón" e escribir, xa que paso o meu tempo entretido e enriquecendo os meus coñecementos, por iso digo: RECÍCLATE!

A conclusión do meu escrito é: anímate a facer o mesmo! Busca algo que che guste e dedícalle tempo e descubrirás do que es capaz de facer! Teñas ou non teñas DCA.

Por Ismael González, persoa usuaria do SADT


Mellorar é cambiar, así que para ser perfecto hai que cambiar decotío

Escríbeme e non teñas medo !!



Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA