Estreamos blog



Presentámonos. Somos un grupo de persoas con Dano Cerebral Adquirido que somos usuarias dos servizos de Sarela e estamos compartindo con vós moitos temas interesantes. Queremos que desfrutedes, vos emocionedes, alegredes e incluso vos enfadedes lendo as nosas entradas. O que non queremos e que quededes indiferentes.

Para nós, entender a diversidade é fundamental para poder enriquecerte cos temas que imos tratar, que son variados segundo os intereses e gustos de cada un de nós.

A través das entradas neste blog ides ir coñecendo a cada unha das persoas que formamos parte deste proxecto, xa  que en cada unha das nosas verbas deixaremos pedaciños da nosa forma de ser, do noso corazón. 

Oxalá co tempo cheguemos a ser unha comunidade que interactúe e creza coas opinións e críticas constructivas de todas as persoas, e que nos acompañedes dende o outro lado da pantalla.



Comentarios

Publicar un comentario

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

SENTIR A MÚSICA

REHABILITANDO