Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta a vida con dca; SOL; inclusión laboral

TRAZANDO CAMIÑOS

Imaxe
  O pasado 20 de xuño Sarela organizou as Xornadas Trazando Camiños no que eu Vicente Maneiro fun convidado a participar nunha das Mesa Redondas.  A entidade xunto coa Orientadora Laboral, Noelia Parente do Servizo de Orientación Laboral (SOL) pretenderon que esa xornadas se convertiran nun   espazo de reflexión e posta en común de experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con Dano Cerebral. Explicábame Noelia que os datos en relación á situación laboral das persoas con DCA indican que só o 13% destas persoas declaran ter traballo cando antes da lesión o tiñan o 71%. Os estudios sobre calidade de vida tamén conclúen que o 58% das persoas con Dano Cerebral perciben que a súa situación laboral deteriorouse e que se suma ao empeoramento do estado de saúde, benestar emocional, relacións sociais etc. Na miña Mesa chamada " O camiño do dano cerebral cara a inclusi...

SUPERANDO OBSTÁCULOS

Imaxe
 Boas a tod@s unha semana máis, Son Diego Marzoa  persoa usuaria do Servizo de Orientación Laboral (SOL)  de Sarela. Antes de contar coas habilidades e capacidades necesarias para estar neste servizo fun persoa usuaria do Servizo de Atención Especializada (SAE) , onde me axudaron moito para poder estar tanto física como cognitivamentre como estou hoxe. Sempre lles agradecerei a todas as profesionais o traballo que fixeron comigo e por non deixar de acompañarme no proceso da miña mellora. Antes de nada quero explicar que na actualidade unha das miñas características como persoa é que non me rindo e son moi perseverante, o que me axudou moito na miña recuperación pero tamén no proceso de busca de traballo. Cando cheguei ao servizo, Noelia, a orientadora laboral, deume unha serie de alternativas de inserción que non me convencían xa que despois do meu Dano Cerebral Adquirido (DCA) non podía exercer do que a min máis me gustaba que era ser cociñeiro. Teño un incapacidade...

VOLVER A SER

Imaxe
As estanterías do stock O primeiro de todo queremos presentarnos. Somos Vicente , Jesús e Anxo.  Unha das poucas cousas que temos en común é que os tres temos un  Dano Cerebral Adquirido (DCA) . Polo demais, a verdade é que somos moi diferentes pero coincidimos na importancia de traballar para sentirnos ben e sentirnos parte da sociedade. Despois de que tes un DCA, a inseguridade sobre o que vai a pasar é algo común e neses momentos non te propós "volver a traballar". O que queres é volver a andar, volver a ter equilibrio, planificar, controlar as emocións etc.  Unha vez que vai pasando o tempo vas necesitando máis e non nos referimos unicamente a un tema económico, que tamén, xa que as facturas hai que pagalas, senón que precisamos  dar un paso máis  nese proceso de rehabilitación. Os tres chegamos a Sarela por diferentes vías. Algúns estivemos noutros servizos antes de acabar no Servizo de Orientación Laboral (SOL) da entidade. Alí o que buscabamos era poder ...