Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta OCIO INCLUSIVO

DESFRUTANDO

Imaxe
  Ola a todas e todos, Hoxe queremos contarvos unha saída que realizamos fai uns días.  Como sabedes eliximos nós a onde queremos saír e así imos con máis gañas a facer estas saídas. Esta vez, aproveitando que era o San   Brais (coñecido por facer curas milagrosas sobre todo da gorxa) fomos á Colexiata de Sar, en Santiago. Alí desfrutamos da banda de municipal de música de Santiago e escoitamos aos gaiteiros. Había moi bo ambiente e fixo un tempo marabilloso. Para nós é importante facer estas saídas porque coñecemos o noso entorno máis próximo, desfrutamos cos nosos compañeiros e compañeiras á vez que cambiamos un pouco de aires e de ambiente.  Cando facemos saídas de lecer, imos nun transporte adaptado acompañados e acompañadas das profesionais da entidade e, ás veces, de persoas voluntarias.  Grazas a estas furgonetas adaptadas, as persoas en cadeira de rodas podemos viaxar con facilidade dun lugar a outro e gozar como as persoas que non teñen problemas de m...

FEIREANDO

Imaxe
 Ola a toda e todos unha semana máis! Despois de celebrar o Día do Apóstolo, festivo en toda Galicia, desde o SADT   queremos contarvos a nosa visita á Feira Medieval de Noia  que se celebra dende o ano 1997. Como vedes van alá 27 anos e podemos afirmar que cada ano é mellor e tamén cada ano visítana máis persoas. Nos fomos visitala o pasado venres 19 de xullo. Saímos do centro ás dez da mañá e en apenas 40 minutos chegamos. Unha vez alí fixemos unha visita pola vila que está ambientada  na época medieval. Ademais hai un montón de postos nos que podemos atopar xoias, xabróns artesáns, ferramentas agrícolas, cetrería de especies naturais, postos de comida, artigos de decoración, especias, produtos naturais para facer tatuaxes e para realizar a depilación así como postos de comida con churrasco, empanada, pan, doces, cerveza e viño. As persoas dos postos estaban vestidas como na época medieval e tamén moitos visitantes e así levounos a pensar que ao mellor para o ano a...