DESFRUTANDO
Ola a todas e todos,
Hoxe queremos contarvos unha saída que realizamos fai uns días.
Como sabedes eliximos nós a onde queremos saír e así imos con máis gañas a facer estas saídas.
Esta vez, aproveitando que era o San Brais (coñecido por facer curas milagrosas sobre todo da gorxa) fomos á Colexiata de Sar, en Santiago.
Alí desfrutamos da banda de municipal de música de Santiago e escoitamos aos gaiteiros. Había moi bo ambiente e fixo un tempo marabilloso.
Para nós é importante facer estas saídas porque coñecemos o noso entorno máis próximo, desfrutamos cos nosos compañeiros e compañeiras á vez que cambiamos un pouco de aires e de ambiente.
Cando facemos saídas de lecer, imos nun transporte adaptado acompañados e acompañadas das profesionais da entidade e, ás veces, de persoas voluntarias.
Grazas a estas furgonetas adaptadas, as persoas en cadeira de rodas podemos viaxar con facilidade dun lugar a outro e gozar como as persoas que non teñen problemas de mobilidade.
Só queremos aconsellarvos que se tedes a oportunidade vaiades visitar a Colexiata de Sar e se é polo San Brais mellor porque que se respira e se contaxia a ledicia.
Ata a próxima.
Comentarios
Publicar un comentario