NOVOS PROXECTOS


Ola a todas e todos. Esta semana queremos explicar como facemos un produto da tenda ao que lle temos moito cariño como son os chaveiros de tea. Este produto xa comezamos a realizalos o pasado ano e este ano cambiamos o deseño para mantelo actualizado.

Podedes facer encargos para agasallos de empresa ou para bautizos, vodascomuñóns ou calquera outro evento que teñades. Estariamos encantados e encantadas de poder facer para vós un encargo dese tipo.

Grazas ás vosas compras podemos seguir mercando material para facer máis proxectos e así aprender a coser en máquina, a pintar teas e o que se nos ocorra.

Todo o proceso de fabricación de cada chaveiro é a man e imos explicar como facemos:

1.- Tes que ter unha tea tipo liño.

2.- Despois cortamos a tela en cadrados de 1x1 metros.

3.- Para comezar coa decoración, estendemos a tela nunha mesa e imos colocando cinta de carroceiro, a que empregamos para protexer cando pintamos. Desta forma imos deixar zonas das tea sen pintar.

4.- Pintamos con pintura de tea empregando unha esponxa e dándolle pequenos toques. 

5.- Quitamos a cinta de carroceiro e as partes de tela en branco píntanse doutras cores. Desta forma conseguimos o efecto tan vistoso que vedes nas imaxes. Procurade empregar diferentes cores que combinen ben entre elas. 

6.- Cortamos a tea en tiras de 7 cm de ancho por 21 cm de longo.

7.- Cosemos primeiro do revés facendo a forma rectangular e despois dámoslle a volta e cosemos os laterais. Ao final únense os extremos e ponse a arandela que neste caso mide 3 cm.

8. Como remate cosémoslle a etiqueta coa nosa marca e só quedaría empaquetalos.

Xa sabedes, se queredes colaborar con nos, tedes este e moitos produtos máis na tenda de sarela.



Despois de colocar a cinta de carroceiro


As persoas usuarias pintando a tela






Resultado final

"ANTES DE CONSEGUIR O ÉXITO DEBES CRER QUE PODES FACELO"


Comentarios

Publicacións populares deste blog

REHABILITANDO

"COREANDO" EN SARELA

PASIÑO A PASIÑO IMOS FACENDO CAMIÑO