DESCUBRINDO O MUNDO


Ola a tod@s,

Na entrada desta semana as persoas usuarias do SADT queremos que vos animedes a coñecer un espazo bastante accesible no que tódas as persoas podemos pasar un ratiño agradable.

A ruta é circular e ten 3,6 km na súa totalidade e a duración para unha persoa que camiñe a un ritmo normal é de 50 minutos. A nós pode levarnos máis tempo pero a dificultade da ruta é baixa. Está repleta de rincóns para desfrutar da andaina e contemplar a ría, varias praias, observar aves mariñas etc. Queredes saber onde é?

O venres 12 abril  cinco compañeiros/as acompañados de dúas profesionais e unha persoa voluntaria fomos de saída a Rianxo. Concretamente ao paseo marítimo que vai dende Setefogas ata a praia da Torre (Taragoña).

Queremos sobre todo incidir na accesibilidade do lugar para que todas e todos poidades ir aínda que esteades nunha cadeira de rodas ou teñades dificultades de mobilidade doutro tipo.

Do primeiro que nos decatamos foi que hai varias prazas de estacionamento para  persoas con mobilidade reducida o que favorece que poidamos ter un espazo para aparcar.

O paseo foi moi agradable e na súa maior parte pódese facer por calquer persoa, polo que podemos dicir que si é unha ruta totalmente accesible. 

Aproveitamos para animar a todas as persoas con problemas de mobilidade a saír á rúa e explorar para poder reclamar espazos accesibles para todas as persoas.

Antonio B, Victorino, Jose Ángel, Pepe, Isaías, Manuel L, Eva G.

"Debemos celebrar a diversidade- o mundo sería máis pobre e a vida máis apagada se fóramos tod@s iguais"



Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA