VIVINDO O VERÁN
Ola a todo@s, Esta semana queremos falarvos dunha actividade que xa levamos varios anos facendo e da que desfrutamos moito. Son os campamentos da Xunta de Galicia cunha duración de 10 días e queremos explicar como foi todo o proceso. Desde Sarela informáronnos da convocatoria e co apoio das profesionais do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica ( SADT ) realizamos a inscrición desde a sede electrónica da Xunta. Semanas despois notificaron que estabamos admitidos e o lugar e datas nas que podiamos acudir. No noso caso eliximos ir ao Carballiño, Bergondo e Nigrán no mes de setembro. No Carballiño desfrutamos de múltiples actividades como rutas de sendeirismo, manualidades, etc. O lugar onde se realizou o campamento era moi espazoso e podemos dicir que había moi bos e boas profesionais que nos axudaron en todo momentos. Algo que botamos de menos foi non ter piscina ou praia fluvial preto porque ao facer calor poderiamos desfrutar dela. En ...