FACENDO COMUNIDADE

Ola a todos. Como foi o voso verán? O noso estupendo 

Xa estamos de volta. Desta vez queriamos explicarvos o ben que nos sentimos no Servizo de Mellora e  Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión social (MAPIS) o que fai que busquemos actividades para facer en grupo fóra do horario no que vimos a Sarela.

Desde setembro a setembro organizamos e puxemos en práctica varias quedadas, case todas para comer, algo co que desfrutamos moito.

A primeira quedada foi para xantar no Paz Nogueira e repetimos dúas veces máis sobre todo porque tiñamos un reservado e podíamos falar das nosas cousas sen molestar a ninguén. Despois os que querían ían tomar outro café ao Bar Lupe's. Foron tres xornadas tranquilas e moi divertidas onde puidemos coñecernos un pouco mellor e facer grupo.

Outra das nosas saídas foi ir ver o Belén de Luou, facendo antes unha paradiña para comer no restaurante Entrevías. Estivemos moi a gusto durante toda a tarde, desfrutando da compaña mutua.

Despois de ir co servizo ao balneario xa quedamos a comer no Milongas, o que fixo que a tarde fora do máis agradable.

Ademais por pequenos grupos tamén fomos quedando visitando a diferentes compañeiros que están de vacacións noutros sitios ou mesmo na propia Compostela para tomar algo e para comer.

Como desfrutamos un montón xa estamo a pensar que podemos facer este ano:

Quedan xa instauradas as comidas de cada trimestre. Visitaremos seguro o novo Entrevías e algún outro que se nos ocorra. Queremos tamén tomar o chuletón na casa do noso compañeiro Jose Suárez. Outra idea que nos ronda a cabeza é ir en tren a algún lugar. Xa nos vale Vilagarcía! Así que xa empezaremos a organizalo.

Seguro que se nos ocorre algo máis e xa volo iremos contando.

"INDIVIDUALMENTE SOMOS UNHA GOTA, XUNTOS FORMAMOS UN OCÉANO" 


N

DÚAS  DAS NOSAS COMIDAS


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

SENTIR A MÚSICA