Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta superación

NOVOS PROXECTOS

Imaxe
Ola a todas e todos. Esta semana queremos explicar como facemos un produto da tenda  ao que lle temos moito cariño como son os chaveiros de tea. Este produto xa comezamos a realizalos o pasado ano e este ano cambiamos o deseño para mantelo actualizado. Podedes facer encargos para agasallos de empresa ou para bautizos , vodas ,  comuñóns  ou calquera outro evento que teñades. Estariamos encantados e encantadas de poder facer para vós un encargo dese tipo. Grazas ás vosas compras podemos seguir mercando material para facer máis proxectos e así aprender a coser en máquina, a pintar teas e o que se nos ocorra. Todo o proceso de fabricación de cada chaveiro é a man e imos explicar como facemos: 1.- Tes que ter unha tea tipo liño. 2.- Despois cortamos a tela en cadrados de 1x1 metros. 3.- Para comezar coa decoración, estendemos a tela nunha mesa e imos colocando cinta de carroceiro, a que empregamos para protexer cando pintamos. Desta forma imos deixar zonas das tea sen pinta...

SEGUIR ADIANTE

Imaxe
Ola a todos e todas de novo.  Esperamos que tiverades un Nadal marabilloso. Nós retomando folgos para este novo ano o 2025, que é moi especial para a nosa asociación xa que o 19 de decembro fai 25 anos que naceu Sarela, agora Dano Cerebral Santiago de Compostela. Non puidemos celebrar o XX aniversario por mor da pandemia mundial pola COVID-19 co que este ano imos a a tirar a casa pola ventá e tentaremos dar visibilidade ao colectivo do DCA. Na entrada de hoxe queremos solidarizarnos cunha enfermidade que por desgracia é tamén moi común no noso colectivo, a depresión, que o 13 de xaneiro celebrou o seu día. Ademais consideramos que as persoas que a sofren son estigmatizadas como tamén nos pode suceder a nós. O DCA implica un cambio de vida radical, o cal non queda máis remedio que asumir, tanto nós como a xente que nos rodea, facendo fincapé na familia máis directa. Como dicimos sempre, o DCA é un tsunami. Isto require moitísimas adaptacións na nosa vida e na da nosa familia. Moitas...

FEIREANDO

Imaxe
 Ola a toda e todos unha semana máis! Despois de celebrar o Día do Apóstolo, festivo en toda Galicia, desde o SADT   queremos contarvos a nosa visita á Feira Medieval de Noia  que se celebra dende o ano 1997. Como vedes van alá 27 anos e podemos afirmar que cada ano é mellor e tamén cada ano visítana máis persoas. Nos fomos visitala o pasado venres 19 de xullo. Saímos do centro ás dez da mañá e en apenas 40 minutos chegamos. Unha vez alí fixemos unha visita pola vila que está ambientada  na época medieval. Ademais hai un montón de postos nos que podemos atopar xoias, xabróns artesáns, ferramentas agrícolas, cetrería de especies naturais, postos de comida, artigos de decoración, especias, produtos naturais para facer tatuaxes e para realizar a depilación así como postos de comida con churrasco, empanada, pan, doces, cerveza e viño. As persoas dos postos estaban vestidas como na época medieval e tamén moitos visitantes e así levounos a pensar que ao mellor para o ano a...

CAMIÑANDO CON ILUSIÓN

Imaxe
Ola a todas e todos, Somos as persoas usuarias do Servizo de Mellora e Mantemento da  Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) e queremos contarvos a experiencia deste ano facendo o Camiño de Santiago. O pasado ano realizamos parte do Camiño Francés e este ano animámonos a facer o Camiño Portugués desde o Concello de Padrón.  Non todos/as temos as mesmas capacidades polo que realizamos as etapas por grupos. Algúns de nós  puidemos camiñar máis de 4 km diarios e outros facían sobre 2 ou 2.5 km.  A derradeira etapa realizámola o luns 8 de xullo e chegamos todos xuntos e isto fíxonos moita ilusión. Tivemos que adaptarnos os uns aos outros porque, por ritmo, poderiamos chegar uns antes ca outros pero uns esperamos polos compañeiros e compañeiras para facer a entrada na praza do Obradoiro todos xuntos. Despois de chegar fomos tomar algo e celebrar que, con esforzo, pódese conseguir o que un se propoña.   "A MÁIS LONGA CAMIÑADA, COMEZA CUN PASO"

TRAZANDO CAMIÑOS

Imaxe
  O pasado 20 de xuño Sarela organizou as Xornadas Trazando Camiños no que eu Vicente Maneiro fun convidado a participar nunha das Mesa Redondas.  A entidade xunto coa Orientadora Laboral, Noelia Parente do Servizo de Orientación Laboral (SOL) pretenderon que esa xornadas se convertiran nun   espazo de reflexión e posta en común de experiencias de inclusión sociolaboral no terceiro sector co obxectivo de crear ferramentas e estratexias para mellorar as taxas de emprego das persoas con Dano Cerebral. Explicábame Noelia que os datos en relación á situación laboral das persoas con DCA indican que só o 13% destas persoas declaran ter traballo cando antes da lesión o tiñan o 71%. Os estudios sobre calidade de vida tamén conclúen que o 58% das persoas con Dano Cerebral perciben que a súa situación laboral deteriorouse e que se suma ao empeoramento do estado de saúde, benestar emocional, relacións sociais etc. Na miña Mesa chamada " O camiño do dano cerebral cara a inclusi...

ENGLISH GRADUATION

Imaxe
Ola a todos e todas! Como estades? Esperamos que moi ben. Xa se achega o verán e con el  o remate de moitas actividades. Nós hoxe queremos explicar unha desas actividades que realizamos no Servizo de atención diúrna terapéutica (SADT) e coa que estamos encantadas e encantados. A sesión que imos contar foi, ademais, especial. O día 3 de maio, como cada venres, algunhas persoas do SADT asistimos á actividade que se chama  "English Coffee" e na que praticamos os nosos coñecementos de inglés e, por suposto, aprendemos outros novos. Levamos facendo esta actividade varios anos pero desde o pasado temos unha voluntaria encantadora que se chama Marta e que lle deu á actividade un troco que a todas e todos nos encanta. Ese venres, o primeiro que nos sorprendeu foi que cambiamos de espazo. Normalmente “tomamos” o “english coffee” nalgunha das salas do noso servizo mais ese día fomos ao primeiro andar, onde esta a sala de formación de Sarela. Ao subir, tivemos que esperar un pouco e des...

"COREANDO" EN SARELA

Imaxe
Ola de novo unha semana máis. Desta vez queremos falarvos dunha nova actividade que temos no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica  SADT : “Coro”. Participamos as persoas usuarias que  de maneira voluntaria nos apuntamos. Nesta actividade traballamos aspectos como a voz, o oído e tamén o respecto e as habilidades sociais. Unha das cousas que estamos a aprender é a interpretar unha canción. Empezamos coa canción "Color de Esperanza" de Diego Torres que, como di a letra, hai que sacar os medos e atreverse a facer.  En cada unha das sesións o que estamos intentando é mellorar a nosa entoación e facemos exercicios de respiración, movemento da lingua, movemento das cordas vocais,   exercicios cun globo etc. Para que vos fagades unha idea, un dos exercicios co globo consiste en inflalo, e tentar mantelo inflado un tempo na boca e taponando a boquilla do globo coa lingua para que o aire non se escape. Despois deixamos que o aire escape do globo pouco a pouco. Nes...

SUPERANDO BARREIRAS

Imaxe
  Ola a tod@s unha semana máis¡ Desta vez adiantámonos un pouco porque a ocasión o merece. Queríamos que esta entrada coincidira co Día Internacional da Muller (8M). A pasada semana, os días 29 de febreiro e 01 de marzo Ana e Laura, dúas compañeiras do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social  (MAPIS)  acudimos a Madrid a unha actividade organizada por CERMI MULLERES polo 8M.  Saímos da estación de Santiago o xoves 29 de febreiro ás 17:45. Aviaxe foi moi cómoda e rápida . ao chegar a Chamartín collemos un taxi que nos levou ao hotel Ilunion onde ceamos e dispuxémonos a descansar. Ás 6:15 levantámonos para poder almorzar ás 7:15 xa que tiñamos que estar no Senado ás 9. Ao chegar alí vimos que  os nosos sitios estaban reservados. Foi unha sensación alucinante. Sentímonos importantes. Nas cinco horas que durou o acto, tratáronse problemáticas e reivindicacións en relación ao colectivo de mulleres con discapacidade en relación a difere...

UNHA MAÑÁN POLO TEATRO PRINCIPAL

Imaxe
Ola a tod@s, Que tal estades? Esperamos que empezarades o 2024 con moi bo pe. Nós desde o servizo de Mellora e Mantemento  da Autonomía Persoal e Inclusión Social ( MAPIS ) podemos dicir que o comenzamos pola porta grande. O xoves 11 de xaneiro asistimos ao Teatro Principal a un concerto didáctico do programa Cultura C do Concello de Santiago que quere favorecer e promover que os escolares e persoas usuarias de distintas asociacións poidamos desfrutar da arte musical e interpretativa. Primeiro queremos que coñezades a sinopse da obra e despois xa explicamos polo miúdo a nosa visión tanto da mesma como do Teatro Principal e as rúas de Compostela nas que atopa este teatro. Sinopse:  Un día Frida, unha adolescente “aburrida da vida”, descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KALHO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partires de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida d...

SENTIR A MÚSICA

Imaxe
 Ola de novo as tod@s, Estamos de volta unha semana máis e queriamos nesta entrada que coñecerades un pouco o  importante que é a música para algún dos nosos compañeiros. Desde o servizo de Mellora Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS)  queremos que coñezades a marabillosa relación que temos coa música. Óscar Salgado sempre foi un apaixoado da música e desde que ten Dano Cerebal Adquirido (DCA) non o deixou de lado senón que segue asistindo a concertos e tocando cada vez que pode. Jesús García  acode a clases de piano desde que tivo o DCA e é algo que o motiva e os compañeiros e compañeiras  desfrutamos cada semana cos seus avances que nos ensina ilusionado desde o seu móbil. Podemos dicir que en xeral cada un/unha de nós desfrutamos da música dunha forma activa (cantando e tocando) ou pasiva (escoitándoa, asistindo a concertos etc). Imos darvos algún exemplos: A Domingo encántalle cantar, Anxo desfruta tocando tamén a súa guitarra, o fillo ...

FACENDO CAMIÑO

Imaxe
Outra semana máis con tod@s vos.  Que tal foi a vosa semana?  Hoxe vimos contarvos unha actividade que nos aportou moito e que estamos desexando volvela facer: O CAMIÑO DE SANTIAGO. 15  persoas usuarias do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social MAPIS  realizamos por tramos e por nivel diferentes etapas do Camiño de Santiago Francés e que as podedes ver aquí.   RUTA GRUPO 1 – 6 etapas  XOVES 1 Tenda Espe - Lavacolla Camping San Marcos 3.9 km 27.04.2023 2 Burgo ARCA Amenal 3.8 km 04.05.2023 3 Amenal San Paio 4.2 km 11.05.2023 4 San Paio Casa Amancio 3.8 km 25.05.2023 5 Camping San Marcos San Lázaro 3.6 km 01.06.2023 6 San Lázaro P...

Recíclate

Imaxe
  “ O vidro pode ter moitas vidas! Recíclao!”. Lino no contedor de reciclaxe e de aí partiu a miña idea. “ As persoas, escoitade ben PERSOAS, aínda que teñamos un DCA, podemos ter moitas vidas, Recíclate”.  A  vida non acabou aí. Temos que pensar que rematou unha etapa e que agora comeza outra. Non estamos limitados e limitadas para todo, haberá algunha cousa que si poidamos facer. Non si? Eu na miña vida, nunca me imaxinei vivir este gran cambio. A min gustábanme, e gústanme, moito as motos e, aínda que son consciente de que non podo utilizalas como o facía antes, si podo ler sobre elas, ver vídeos e desfrutar cando as vexo na rúa. O de montar de novo… xa se verá! Tamén realizo outras actividades ás que antes non lle dedicaba o tempo suficiente porque non era unha das miñas prioridades nese momento. Agora desfruto delas, como é o caso da escritura. Case tódolos días dáseme por escribir e plasmar nun papel os meus sentimentos e reflexións. Xa vos dades conta do...