FEIREANDO

 Ola a toda e todos unha semana máis!

Despois de celebrar o Día do Apóstolo, festivo en toda Galicia, desde o SADT  queremos contarvos a nosa visita á Feira Medieval de Noia  que se celebra dende o ano 1997. Como vedes van alá 27 anos e podemos afirmar que cada ano é mellor e tamén cada ano visítana máis persoas.

Nos fomos visitala o pasado venres 19 de xullo. Saímos do centro ás dez da mañá e en apenas 40 minutos chegamos. Unha vez alí fixemos unha visita pola vila que está ambientada  na época medieval.

Ademais hai un montón de postos nos que podemos atopar xoias, xabróns artesáns, ferramentas agrícolas, cetrería de especies naturais, postos de comida, artigos de decoración, especias, produtos naturais para facer tatuaxes e para realizar a depilación así como postos de comida con churrasco, empanada, pan, doces, cerveza e viño.

As persoas dos postos estaban vestidas como na época medieval e tamén moitos visitantes e así levounos a pensar que ao mellor para o ano animámonos a vestirnos de época.

Despois de visitar a feira fomos dar un paseo pola zona vella de Noia onde ten lugar todo o que vos contamos. Queremos resaltar que, a pesares de ser de pedra, é máis accesible a zona vella de Santiago e puidemos pasear comodamente coas cadeiras de rodas.

Para poñer o colofón final a un día xenial fomos tomar algo nun bar da zona e aproveitamos para falar do visitado e contarnos as nosas cousas. Despois xa tocaba vir de volta porque nos esperaban en Sarela coa comida no prato. Así da gusto!

Desfrutamos dunha mañá diferente e agradable e na que nos acompañou o tempo. Queremos animar a todas esas persoas que están en cadeira de rodas ou con problemas de mobilidade a sair á rúa a desfrutar dos diferentes eventos porque a vida hai que desfrutala a tope e que os obstáculos están para superalos non para frenarnos.


Elisa, Vícto  e Piedad desfrutando da Feria

APROVEITA CADA DÍA COMO SI  NON QUEDARA MAÑÁN


Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

SENTIR A MÚSICA

REHABILITANDO