Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta mapis

REHABILITANDO

Imaxe
Ola a todas e todos unha semana máis.  Desta volta queriamos contarvos unha saída que nos gustou especialmente e da que desfrutamos moito os compañeiros e compañeiras, así como as profesionais, do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e a Inclusión Social   MAPIS  . Anotade porque paga a pena facer esta visita. Fomos de excursión até o concello de Outes, na ría de Muros-Noia, para visitar unha xoia do seu patrimonio industrial: o Estaleiro Ciprián. Este antigo estaleiro foi rehabilitado e hoxe está convertido nun espazo museístico da carpintaría de ribeira e tamén acolle unha oficina de turismo. Neste enlace tedes a localización e neste outro información da páxina web do Concello de Outes  sobre o estaleiro. Na visita explicáronnos que antes de comezar a rehabilitación, realizouse un estudio que puxo en contexto a historia do edificio e a súa importancia como patrimonio marítimo. Na actualidade, o edificio ten uso cultural que respectan e non esq...

SUPERANDO BARREIRAS

Imaxe
  Ola a tod@s unha semana máis¡ Desta vez adiantámonos un pouco porque a ocasión o merece. Queríamos que esta entrada coincidira co Día Internacional da Muller (8M). A pasada semana, os días 29 de febreiro e 01 de marzo Ana e Laura, dúas compañeiras do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social  (MAPIS)  acudimos a Madrid a unha actividade organizada por CERMI MULLERES polo 8M.  Saímos da estación de Santiago o xoves 29 de febreiro ás 17:45. Aviaxe foi moi cómoda e rápida . ao chegar a Chamartín collemos un taxi que nos levou ao hotel Ilunion onde ceamos e dispuxémonos a descansar. Ás 6:15 levantámonos para poder almorzar ás 7:15 xa que tiñamos que estar no Senado ás 9. Ao chegar alí vimos que  os nosos sitios estaban reservados. Foi unha sensación alucinante. Sentímonos importantes. Nas cinco horas que durou o acto, tratáronse problemáticas e reivindicacións en relación ao colectivo de mulleres con discapacidade en relación a difere...

UNHA MAÑÁN POLO TEATRO PRINCIPAL

Imaxe
Ola a tod@s, Que tal estades? Esperamos que empezarades o 2024 con moi bo pe. Nós desde o servizo de Mellora e Mantemento  da Autonomía Persoal e Inclusión Social ( MAPIS ) podemos dicir que o comenzamos pola porta grande. O xoves 11 de xaneiro asistimos ao Teatro Principal a un concerto didáctico do programa Cultura C do Concello de Santiago que quere favorecer e promover que os escolares e persoas usuarias de distintas asociacións poidamos desfrutar da arte musical e interpretativa. Primeiro queremos que coñezades a sinopse da obra e despois xa explicamos polo miúdo a nosa visión tanto da mesma como do Teatro Principal e as rúas de Compostela nas que atopa este teatro. Sinopse:  Un día Frida, unha adolescente “aburrida da vida”, descobre unha marabillosa carta que a súa avoa Henriqueta lle escribira a FRIDA KALHO. Nela dáballe as grazas por mostrarlle que a arte é un talismán que o cura todo. A partires de entón, comeza un proceso de transformación que revolucionará a vida d...

DESFRUTANDO DA MÚSICA

Imaxe
Ola todo@s unha semana máis.   Esta semana imos falar dun programa que leva en funcionamento dous anos: SENSOXENOMA. O ano pasado asistimos por primeira vez a  Sensoxenoma, proxecto desenvolvido  polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no  que se aborda cientificamente a resposta do noso  xenoma (ADN) ante o estímulo musical. Ese ano fomos os protagonistas e cas nosas mostras biolóxicas contribuímos a que se estude como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofreceu a  Real Filharmonía de Galicia. Este ano o concerto, dirixido por Baldur Brönnimann,  foi o pasado venres   29/09   para as entidades  e para o público en xeral o 30/09 e a programación igual que o ano pasado foi sorpresa.  Varias persoas do servizo de MAPIS acudimos ao concerto e encantounos polo que queríamos que quedara constancia neste blog. Gracias a este tipo de iniciat...

FACENDO CAMIÑO

Imaxe
Outra semana máis con tod@s vos.  Que tal foi a vosa semana?  Hoxe vimos contarvos unha actividade que nos aportou moito e que estamos desexando volvela facer: O CAMIÑO DE SANTIAGO. 15  persoas usuarias do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social MAPIS  realizamos por tramos e por nivel diferentes etapas do Camiño de Santiago Francés e que as podedes ver aquí.   RUTA GRUPO 1 – 6 etapas  XOVES 1 Tenda Espe - Lavacolla Camping San Marcos 3.9 km 27.04.2023 2 Burgo ARCA Amenal 3.8 km 04.05.2023 3 Amenal San Paio 4.2 km 11.05.2023 4 San Paio Casa Amancio 3.8 km 25.05.2023 5 Camping San Marcos San Lázaro 3.6 km 01.06.2023 6 San Lázaro P...

AS PRAIAS QUE QUEREMOS

Imaxe
Grazas a unha familiar dunha persoa usuaria do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) puidemos coñecer que hai praias realmente accesibles. As que nos coñeciamos só contan con cadeiras anfibias e cando as había porque a maioría das veces podías ir e non estar porque rompera ou porque xa había tanta cola que se che quitaban as gañas de bañarte. Na provincia da Coruña en tódolos concellos que consultamos (Boiro, Ribeira, Porto do Son, Noia, Outes...) non existen todas estas medidas que nos parecen tan interesantes. As praias das que vos falamos, e nas que hai medios para facelas accesibles, son as praias de Samil e do Vao en Vigo e queremos contarvos todo do que presumen. Isto sabémolo grazas  a María José, familiar de Ismael Rama que é usuario do SADT. Prazas para aparcar preto do posto para persoas con mobilidade reducida. Cadeiras anfibias e muletas anfibias. Paseo accesible que chega ao mar. Servizo adaptado. Padiolas e cubículo para poder cambiar ás persoas con discapac...

MOVÉNDONOS POLO NOSO ENTORNO

Imaxe
  Nas xornadas do PMUS organizadas polo Concello de Santiago Recentemente o Concello de Santiago organizou un proceso aberto á cidadanía para elaborar o Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS) de Santiago. Algunhas das persoas usuarias de SADT e de MAPIS participamos nunha desas xornadas e raíz da mesma queremos facer unha reflexión sobre as problemáticas do transporte público e se realmente está “adaptado” ás necesidades de todas as persoas. Os problemas máis destacados que vemos son:  Información pouco adaptada desde o punto de vista cognitivo. Pode haber xente que non poida entender ou ler  os letreiros. Solución: colocar pictogramas para que sexa máis accesible cognitivamente.  Tamén que a información sexa auditiva para que as persoas cegas tamén poidan recibir a información. Perigo de caída cando entras no bus. Non se espera a que as persoas se senten e non se respectan as prioridades dos asentos. Solución: a posible modificación dos carteis para os asentos r...

SEGUIR AVANZANDO

Imaxe
Ola a todos. Chámome Pepe e son   unha persoa con Dano Cerebral Adquirido (DCA).  Xa pasei o meu proceso de rehabilitación e agora despois de case tres anos, podo dicir que estou reconciliado coa miña nova condición. Asumín que non vou a ser a mesma persoa pero iso non significa que agora todo sexa peor. A raíz do que me pasou hai moitas cousas que non podo facer pero outras que si e as desfruto moito. Aprendín, grazas ao DCA, que a vida hai que aproveitala e desfrutar os momentos que nos dan felicidade xunto ás persoas que máis queremos. Despois de pasar por MAPIS (programa de Mantemento e Mellora da Autonomía Persoal   e Inclusión Social) na que aprendín a darme conta de que aínda que teño limitacións tamén teño moitas capacidades, conservo a relación con moitas das persoas que van a ese servizo e podo dicir que son un bo grupo de amigos. Xunto cun deles, José Suárez, realizamos un proxecto de bricolaxe que eu xa tiña na miña casa: un carro de decoración para coloca...

Barreiras impostas

Imaxe
As persoas que asistimos a MAPIS ( Servizo de mellora e mantemento da autonomía persoal e inclusión social ), temos que empregar frecuentemente dous pasos de peóns que dificultan a nosa autonomía.  Os pasos en cuestión atópanse na Rúa do Castiñeiriño, entre o n.º 29 e o n.º 45. O tempo que hai para cruzar é insuficiente como podedes ver no vídeo.  Ao ter un tempo moi limitado as persoas con dificultade de movemento (hemiplexía ou calquera outra patoloxía que non nos permite manter un ritmo de marcha rápido) non poden cruzar a tempo. Nós queremos levar unha vida o máis autónoma posible pero elementos como este impídennos facer moitas das actividades que nos propoñemos no noso futuro. Para nós convértense en obstáculos que nos limitan o día a día, e algunha veces poñen de manifesto a falta de apoios procedentes da administración pública cara as persoas con discapacidade. Ademais de darlle visibilidade a través do blog, trasladaremos esta problemática á Oficina de Tráfico de S...

Se queres... quizais poidas

Imaxe
Ola. Chámome Eloy e vou contarvos como é a miña vida despois do Dano Cerebral Adquirido (DCA) pero para iso quero que coñezades un pouco da miña historia. Nacín no ano 1984 e cando tiña 10 anos fun operado dun tumor cerebral. No Nadal de 2021 déronme varias crises epilépticas e atoparon outros dous tumores. Un opérano aos poucos días e o outro queda en seguimento médico. Neste mes de decembro viron nunha resonancia que ese tumor crecera e decidiron que o mellor era operar. Esta operación levaba asociadas moitas complicacións que podían afectar a miña mobilidade. Ao final cunha sesión de radiocirurxía parece que puideron facer o tumor máis pequeno evitando así a operación e as posibles complicacións consecuencia da mesma. Actualmente presento secuelas como falta de olfacto, problemas de visión, xordeira bilateral, e de tipo cognitivo como a diminución da atención, problemas de memoria etc. Emprego unha axenda ou o móbil para apuntar as citas ou información relevante que quero recordar e...

Día de convivencia na Granxa do Xesto

Imaxe
O luns 11 de xullo estivemos tod@s @s compañeir@s de MAPIS na Granxa do Xesto. Alí fixemos unha xornada de convivencia con voluntarios de Cooperación Internacional. Eles viñeron a Santiago a facer o Camiño e nas xornadas que están en Santiago realizan voluntariado. Ao chegar trasladámonos á cafetería para poder facer algún xogo de presentación. Chegar alí arriba costounos un montón. As pistas están irregulares e cheas de pedras co que as cadeiras de rodas non poden subir senon son empuxadas por dúas ou tres  persoas.  Pedimos ao Concello de Santiago que teña en conta ás persoas con discapacidade para que arranxe esas pistas e poder disfrutar de verdade de zonas verdes da nosa cidade. Propoñemos que tentedes chegar do aparcamento ao bar nunha cadeira de rodas ou cun bastón e poidades comprobar así  as dificultades que pasamos. Queremos agradecer aos voluntarios a súa labor xa que fixeron este traxecto máis fácil para as profesionais de Sarela, que terían que subirnos elas ...