SEGUIR AVANZANDO
Aprendín, grazas ao DCA, que a vida hai que aproveitala e desfrutar os momentos que nos dan felicidade xunto ás persoas que máis queremos.
Despois de pasar por MAPIS (programa de Mantemento e Mellora da Autonomía Persoal e Inclusión Social) na que aprendín a darme conta de que aínda que teño limitacións tamén teño moitas capacidades, conservo a relación con moitas das persoas que van a ese servizo e podo dicir que son un bo grupo de amigos. Xunto cun deles, José Suárez, realizamos un proxecto de bricolaxe que eu xa tiña na miña casa: un carro de decoración para colocar botellas ou macetas.
Tódolos xoves quedabamos na miña casa ou na súa e traballamos man a man para poder realizar este proxecto.
Animávosvos a todos e todas a facer aquelo que vos propoñades e compartir tempo cos vosos amigos e amigas e familiares xa que é o que máis me produce satisfacción. Probade ¡¡¡
Que vos parece o noso proxecto? Gústavos?
Jose e eu cos tres carros que fixemos |
Comentarios
Publicar un comentario