Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xaneiro, 2023

Se queres... quizais poidas

Imaxe
Ola. Chámome Eloy e vou contarvos como é a miña vida despois do Dano Cerebral Adquirido (DCA) pero para iso quero que coñezades un pouco da miña historia. Nacín no ano 1984 e cando tiña 10 anos fun operado dun tumor cerebral. No Nadal de 2021 déronme varias crises epilépticas e atoparon outros dous tumores. Un opérano aos poucos días e o outro queda en seguimento médico. Neste mes de decembro viron nunha resonancia que ese tumor crecera e decidiron que o mellor era operar. Esta operación levaba asociadas moitas complicacións que podían afectar a miña mobilidade. Ao final cunha sesión de radiocirurxía parece que puideron facer o tumor máis pequeno evitando así a operación e as posibles complicacións consecuencia da mesma. Actualmente presento secuelas como falta de olfacto, problemas de visión, xordeira bilateral, e de tipo cognitivo como a diminución da atención, problemas de memoria etc. Emprego unha axenda ou o móbil para apuntar as citas ou información relevante que quero recordar e