Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Outubro, 2023

COÑECER É PODER

Imaxe
Ola de novo a tod@s. Que tal estades? Este mes de outubro celebramos  o Día Nacional do Dano Cerebral Adquirido (26 de outubro) e parecíanos interesante comentar unha das accións que realizamos ese día e tamén durante todo o ano para sensibilizar á poboación e axudar a previr  o Dano Cerebral Adquirido (DCA). Ademais, o día 29 celébrase tamén o Día Mundial do Ictus que é a primeira causa do DCA. Esta campaña realízase todos os últimos mércores de mes, a excepción dos meses de verán.  Compañeiros do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT)  explícanmos a continuación como funciona a "Campaña de Ictus" falando coa profesional responsable durante o último ano, a educadora social Noelia Castro. Decidimos facerlle unhas preguntas para que quede moi claro. Se tedes algunha máis preguntade en comentarios. Quen decide os centros de saúde a onde ir?   A responsable do Servizo de información e Apoio ás familias   de Sarela, ponse en contacto coa xerencia do hospital de referencia

DESFRUTANDO DA MÚSICA

Imaxe
Ola todo@s unha semana máis.   Esta semana imos falar dun programa que leva en funcionamento dous anos: SENSOXENOMA. O ano pasado asistimos por primeira vez a  Sensoxenoma, proxecto desenvolvido  polo IDIS (Instituto de Investigación Sanitaria) e a Real Filharmonía de Galicia, no  que se aborda cientificamente a resposta do noso  xenoma (ADN) ante o estímulo musical. Ese ano fomos os protagonistas e cas nosas mostras biolóxicas contribuímos a que se estude como se expresan os xenes antes e despois de escoitar o programa sorpresa que ofreceu a  Real Filharmonía de Galicia. Este ano o concerto, dirixido por Baldur Brönnimann,  foi o pasado venres   29/09   para as entidades  e para o público en xeral o 30/09 e a programación igual que o ano pasado foi sorpresa.  Varias persoas do servizo de MAPIS acudimos ao concerto e encantounos polo que queríamos que quedara constancia neste blog. Gracias a este tipo de iniciativas podemos coñecernos fora do espazo que é Sarela e compartir momentos a