Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta construindo unha sociedade mellor; SADT: implicación;sen barreiras

MELLORANDO O NOSO ENTORNO

Imaxe
Ola a tod@s unha semana máis! Como estades? Esperamos que moi ben. Hoxe traemos unha entrada moi esperanzadora xa que con perseveranza e gañas de axudar aos demais poden conseguirse moitas cousas.  Non nos cabe dúbida de que hai moitas barreiras arquitectónicas e son  moitos os espazos que non son accesibles para toda a poboación. Cremos que é importante loitar porque este tipo de situacións non ocorran e por iso queremos contarvos o que aconteceu cunhas das persoas usuarias do SADT , Jose Antonio Cebro. El cada domingo vai á igrexa a escoitar a misa da súa parroquia, concretamente  a igrexa de San Xulián de Bastavales, no concello de Brión. O acceso é moi complicado para persoas en cadeira de rodas ou con dificultades de mobilidade como é o caso de Cebro.  Para que vos fagades unha idea, no acceso  da entrada principal hai unha trampa de animais e calquera persoa podaría meter o pé e tropezar ou caer.  Ademais, o acceso á igrexa ten dúas barreiras: a da ...