PAXARIÑOS A VOAR !!!
As persoas usuarias do servizo de MAPIS (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e inclusión Social ) realizamos un proxecto moi bonito que vai facilitar a visita dos paxaros que queiran pasarse polo noso centro. Trátase dunha Casa de Paxaros e pronto estará á venda na nosa tenda para todas as persoas que queiran facerse cunha. A casiña colgada esperando a visita dos paxaros Para realizala tedes que ter este material e ferramentas de traballo: Bisagras Cartón Escuadras de cartón Papel Pintura Cola branca Parafusos Escuadra e metro Serra Lixa Guantes Gafas de seguridade Pasos para a súa construción: Usando o patrón de medidas anterior para a casa de paxaros pasámolas á madeira. Despois cortamos coa serra e lixamos ben a madeira. Para realizar o oco frontal realizamos múltiples buratos co trade e despois lixamos para deixalo o máis redondiño posible. Unha vez temos xa lixadas todas as pezas de madeira, únense coa axuda de escuadras de cartón ou escuadras me...