PAXARIÑOS A VOAR !!!
As persoas usuarias do servizo de MAPIS (Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e inclusión Social ) realizamos un proxecto moi bonito que vai facilitar a visita dos paxaros que queiran pasarse polo noso centro. Trátase dunha Casa de Paxaros e pronto estará á venda na nosa tenda para todas as persoas que queiran facerse cunha.
A casiña colgada esperando a visita dos paxaros |
- Bisagras
- Cartón
- Escuadras de cartón
- Papel
- Pintura
- Cola branca
- Parafusos
- Escuadra e metro
- Serra
- Lixa
- Guantes
- Gafas de seguridade
Pasos para a súa construción:
- Usando o patrón de medidas anterior para a casa de paxaros pasámolas á madeira. Despois cortamos coa serra e lixamos ben a madeira.
- Para realizar o oco frontal realizamos múltiples buratos co trade e despois lixamos para deixalo o máis redondiño posible.
- Unha vez temos xa lixadas todas as pezas de madeira, únense coa axuda de escuadras de cartón ou escuadras metálicas.
- Despois colócase a peza do tellado coa axuda dunha bisagra e parafusos.
Para a decoración do tellado podemos usar diferentes cousas. Na casa da foto colocáronse piñas pero tamén se poden poñer diferentes materiais como paus ou cortiza.
Para que os paxariños nos visiten é bo colocar comida no saínte e... lista a nos casa de paxaros.
Primeira fase da nosa casiña
"ALGÚNS BUSCAN A FELICIDADE, OUTROS A CREAN"
Ata próxima entrada. Subscribídevos e comentade o que queirades. Sarela espéravos.
Comentarios
Publicar un comentario