"COREANDO" EN SARELA
Ola de novo unha semana máis.
Desta vez queremos falarvos dunha nova actividade que temos no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica SADT: “Coro”. Participamos as persoas usuarias que de maneira voluntaria nos apuntamos.
Nesta actividade traballamos aspectos como a voz, o oído e tamén o respecto e as habilidades sociais.
Unha das cousas que estamos a aprender é a interpretar unha canción. Empezamos coa canción "Color de Esperanza" de Diego Torres que, como di a letra, hai que sacar os medos e atreverse a facer.
En cada unha das sesións o que estamos intentando é mellorar a nosa entoación e facemos exercicios de respiración, movemento da lingua, movemento das cordas vocais, exercicios cun globo etc.
Para que vos fagades unha idea, un dos exercicios co globo consiste en inflalo, e tentar mantelo inflado un tempo na boca e taponando a boquilla do globo coa lingua para que o aire non se escape. Despois deixamos que o aire escape do globo pouco a pouco. Nesta actividade colaboramos cos compañeiros e compañeiras a través da cabeza e o corpo. Gústanos moito e a recomendamos polo bo ambiente que se crea entre todas/os e tamén polo benestar físico, mental e emocional.
Oxalá a interpretación desta canción sexa todo un éxito e se non seguiremos intentándoo.
Firmado: Marian, Victorino, José Angel, Manuel López, Antonio Bascuas, Jose Antonio Cebro e Joaquín.
"CANTAR É A MIÑA FORMA DE EXPRESARME CANDO AS PALABRAS ME FALLAN" (ADELE)
Comentarios
Publicar un comentario