SUPERANDO BARREIRAS

 

Ola a tod@s unha semana máis¡

Desta vez adiantámonos un pouco porque a ocasión o merece. Queríamos que esta entrada coincidira co Día Internacional da Muller (8M).

A pasada semana, os días 29 de febreiro e 01 de marzo Ana e Laura, dúas compañeiras do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) acudimos a Madrid a unha actividade organizada por CERMI MULLERES polo 8M.

 Saímos da estación de Santiago o xoves 29 de febreiro ás 17:45. Aviaxe foi moi cómoda e rápida . ao chegar a Chamartín collemos un taxi que nos levou ao hotel Ilunion onde ceamos e dispuxémonos a descansar.

Ás 6:15 levantámonos para poder almorzar ás 7:15 xa que tiñamos que estar no Senado ás 9. Ao chegar alí vimos que  os nosos sitios estaban reservados. Foi unha sensación alucinante. Sentímonos importantes. Nas cinco horas que durou o acto, tratáronse problemáticas e reivindicacións en relación ao colectivo de mulleres con discapacidade en relación a diferentes temas nos que consideramos que aínda hai moito camiño que andar para que haxa igualdade. Tocáronse temas moi interesantes en relacións as diferencias no ámbito laboral e social. Tamén se falou da sexualidade e os órganos reprodutivos e a posibilidade de que as mulleres  deste colectivo poidan decidir sobre o seu corpo. Estivemos representadas por Sofía López a cal interviu e deixou o listón moi alto.

Para nos foi unha experiencia marabillosa e agradecemos a Sarela que nos dera a oportunidade de realizala, xa que derrubamos barreiras persoais importantes. Nunca viaxaramos soas dende que tivemos o Dano Cerebral Adquirido (DCA) e alá nos fomos a Madrid con moito medo pero encantadas de superarnos. Ademais puidemos formar parte no Senado dunhas propostas que, puidemos votar, as cales  consideramos importantes para conseguir a igualdade entre homes e mulleres teñan ou non discapacidade.

Animamos a tódalas persoas a que salgan da súa zona de confort e se atrevan a explorar e a facer novas cousas porque merece a pena. 



"UNHA  MULLER DEBE SER DOUS COUSAS: QUEN ELA QUEIRA E O QUE ELA QUEIRA " COCO CHANEL



Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA