Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Xuño, 2022

Creando un soporte para cartas e unha casa para paxaros

Imaxe
 CREATIVAMENTE: BRICOLAXE Hola a tod@s estamos encantados de seguir contándoos o que estamos a facer na actividade de Bricolaxe.  Creamos un soporte para as cartas e para o dominó para que os compañeiros con hemiplexia poidan disfrutar destes xogos. Gústavos?? Proceso de creación do soporte realizado por Santiago Quintás Rematamos os tableros de damas e xadrez e comezamos a facer diferentes casiñas para páxaros.                       Tamén creamos un atril para axudar, sobretodo, á hora de pintar.  

As nosas saídas

Imaxe
Estas derradeiras semanas fixemos varias visitas a diferentes lugares que xa escolléramos previamente. Encántanos saír fora de Sarela, porque ademais de coñecer novos sitios e de sensibilizar á sociedade temos máis tempo para  falar e convivir. As visitas realizadas foron: Pazo de Santa Cruz de Rivadulla:  A nosa opinión é que merece a pena ver os seus xardíns pero non está nada adaptado para ir con cadeira de rodas, polo que moitos dos nos@s compañeiros e compañeiras non puideron disfrutar realmente da visita. Parque de Vista Alegre ou Finca Simeón: Foi unha visita moi agradable, neses xardíns e puidemos falar tranquilamente das nosas cousas. Museo da Mel:  Foi unha visita que gustou moito, fixeronnos unha visita polas diferentes instalacións do museo, deronnos diferente información sobre as abellas, a súa vida e traballo, como se produce o mel e finalmente a probamos. 

Traballando na terra

Imaxe
A finais do 2021 comezou en MAPIS un proxecto de horticultura, onde primeiro fixemos as maceas, despois eleximos o que plantar e o plantamos. O plantado foi allos , chicharos e tirabeques , ademáis de preparar semilleiros coas herbas aromáticas tomillo , prixel e albahaca .  En Febreiro fixemos a publicación da nosa actividade... e catro meses despois actualizamos como vai a nosa pequena horta.    Leituga  Allos  Tomates Como podemos observar, as plantas medraron, pero tamén se foron cambiando a medida que pasaban os meses e cambiou a tempada. Plantando leituga e tomates.