As nosas saídas

Estas derradeiras semanas fixemos varias visitas a diferentes lugares que xa escolléramos previamente. Encántanos saír fora de Sarela, porque ademais de coñecer novos sitios e de sensibilizar á sociedade temos máis tempo para  falar e convivir.

As visitas realizadas foron:

Pazo de Santa Cruz de Rivadulla:  A nosa opinión é que merece a pena ver os seus xardíns pero non está nada adaptado para ir con cadeira de rodas, polo que moitos dos nos@s compañeiros e compañeiras non puideron disfrutar realmente da visita.



Parque de Vista Alegre ou Finca Simeón: Foi unha visita moi agradable, neses xardíns e puidemos falar tranquilamente das nosas cousas.


Museo da Mel:  Foi unha visita que gustou moito, fixeronnos unha visita polas diferentes instalacións do museo, deronnos diferente información sobre as abellas, a súa vida e traballo, como se produce o mel e finalmente a probamos. 



Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA