Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta construindo unha sociedade mellor

BARREIRAS

Imaxe
Ola  a todos/a. Na entrada de hoxe queremos falar das dificultades que nos atopamos á hora de realizar ocio xa que para nós é un dos principais inconvenientes para poder desfrutar do noso tempo libre como nos gustaría. Ímosvos contar as principais barreiras cas que nos solemos atopar: Acceso nos pasos de peóns. Cando imos pola rúa atopámonos con que, á hora de cruzar, non hai ramplas en ambos lados do paseo de peóns ou, de habelas, teñen un pequeno bordo que, ó ir en cadeira de rodas, dificúltanos o cruzar. Aceiras moi estreitas. Outra dificultade son que as aceiras son moi estreitas para poder camiñar e aínda encima en moitas ocasións hai farois, árbores no medio ou incluso coches mal aparcados. Os sumidoiros da cidade histórica Cando saímos pola zona vella, os sumidoiros teñen un desnivel que fai que as persoas que usan cadeira de rodas queden atrapadas, ademais de que, teñen reixas e fan que as rodas da cadeira non poida pasar por elas con comodidade. Prazas de aparcamento Un da...

A INCOMPRENSIÓN DAS SECUELAS INVISIBLES

Imaxe
Ola a tod@s! Neste nova entrada queriamos chamar a atención sobre a existencia das secuelas invisibles e a repercusión que teñen no día a día das persoas con Dano Cerebral Adquirido. A pasada fin de semana a un compañeiro do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica   (SADT)   cando se atopaba estacionando nunha praza para persoas con discapacidade achegáronse a el uns axentes da  policía local e pedíronlle a tarxeta de estacionamento e el ensinoulla. Revisárona e preguntáronlle sarcasticamente por que tiña el a tarxeta. A verdade é que parecía que dubidaran que realmente a precisaba. O noso compañeiro explicoulles que tivera un ictus e que quedara cunha serie de secuelas das chamadas invisibles: memoria, atención planificación... Son as que aínda que non se vexan si son moi incapacitantes. Unha vez feita a explicación os axentes desculpáronse e dixéronlle que aparcara tranquilo. Pero nós non queriamos deixar de manifestar que as secuelas invisibles condicionan tant...

OLLADA CRÍTICA A CIDADE DA CULTURA

Imaxe
Xa fai tempo no  SADT   organizamos unha saída ao  exterior.  Tratábase dunha visita guiada á Cidade da Cultura , no Monte Gaiás de Santiago de Compostela. Coñecédela? Ese día proporcionáronnos moita información valiosa para coñecer un pouco máis ese complexo arquitectónico.  Moitas veces oín falar desta construcción, e non sempre ben xa que aos seres humanos encántanos xulgar e falar sen saber. Vou ir explicando todo o que aprendemos: - Foi deseñada polo arquitecto Peter Eisenman. - Inspirouse para realizar o seu proxecto en representar o casco histórico de Santiago pero máis moderno e en una cuncha de vieira, símbolo do peregrino. - O color dos edificios son gris coralino por fora e brancos por dentro. - Conta cunha columna máxica onde ten unha porta que esconde o sistema eléctrico. - Quiso que formara parte do propio monte e respetou a medida das ladeiras. - Este espacio, en tempos de pandemia tivo un papel importante moi necesario. Converteuse ...