Sobremesas amorosas... sobremesas saborosas

Para nós os aniversarios dos compañeiros e compañeiras do Servizo de Atención Diúrna Terapéutica non son un día ao ano, é un mes enteiro! Cada día polas mañás, na actividade de Orientación , recordamos os aniversarios das/os compañeiros/as que cumpren ese mes. Para as/os "cumpreañeiras/os" supón unha sensación de felicidade. Materialízase nunha sobremesa especial á que nos convidan o último venres do mes despois de xantar. Pero non vos vaiades pensar que isto é tarefa sinxela, noooon. Hai moito traballo detrás e tamén, moita moita ilusión. As/os "cumpreañeiras/os" e outras persoas fixas que participan na actividade de cociña, xúntanse os venres pola mañá e comezan todo un proceso. Pensan a receita e os produtos necesarios así como as cantidades precisas, o custe dos mesmos e a forma de preparala. Unha vez está todo planificado vaise facer realidade o derradeiro venres do mes. Todas as persoas que cumpren anos aportan unha cantidade simbólica para poder mer