CREANDO
Ola de novo a todas e todos,
Esta semana despois dos festivos e de pasalo xenial, queremos compartir convosco o resultado dunha das actividades que máis tempo leva no Servizo de Atención Diúrna Terapéutica (SADT) e que tamén facemos no Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión social (MAPIS). No SADT a actividade chámase "Expresión Artística" e en MAPIS "Creativamente".
Para a tenda de Sarela a tenda de Sarela realizamos un "Pack Verán" formado por unha bolsa, un estoxo garda todo e unha funda para gafas ou teléfono móbil realizadas completamente a man.
Imos a explicar cada obxecto:
Bolsa de praia: o exterior da bolsa está estampado a man e no interior está forrado con tea impermeable. O peto exterior está realizado cunha rede de pesca reutilizada da zona de Muros. Ten peche con botón de presión e un enganche interior para o garda todo do conxunto. As medidas son de 40X56 cm.
Garda todo: como a bolsa, o exterior está decorado a man e o interior vai forrado con tea impermeable. Ten un peche con cremalleira, un enganche para unilo á bolsa e un asa para levalo indpendentemente. As medias son 26x19 cm.
Funda para gafas ou teléfono: decorado a xogo co resto do conxunto, ten un peche de botón por presión cunhas medidas de 20x10 cm.
Con todo o que facemos nestas actividades traballamos as nosas habilidades e pasámolo moi ben.
Como dixemos, se queredes mercalo podedes facelo na nosa tenda (https://www.sarela.org/es/tienda) na que podedes ver máis produtos que elaboramos coas nosas propias mans.
Co que vendamos na tenda podemos permitirnos mercar máis material e así continuar facendo diferentes obxectos. Ademais é unha maneira de darnos a coñecer e chegar a máis xente e así poder axudar a un maior número de persoas con Dano Cerebral Adquirido (DCA).
"A xenerosidade non é darme aquilo que necesito máis que ti, senon darme aquilo que ti precisas máis que eu", Kalig Gibran.
Comentarios
Publicar un comentario