REHABILITANDO

Ola a todas e todos unha semana máis. 

Desta volta queriamos contarvos unha saída que nos gustou especialmente e da que desfrutamos moito os compañeiros e compañeiras, así como as profesionais, do Servizo de Mellora e Mantemento da Autonomía Persoal e a Inclusión Social  MAPIS . Anotade porque paga a pena facer esta visita.

Fomos de excursión até o concello de Outes, na ría de Muros-Noia, para visitar unha xoia do seu patrimonio industrial: o Estaleiro Ciprián. Este antigo estaleiro foi rehabilitado e hoxe está convertido nun espazo museístico da carpintaría de ribeira e tamén acolle unha oficina de turismo. Neste enlace tedes a localización e neste outro información da páxina web do Concello de Outes sobre o estaleiro.

Na visita explicáronnos que antes de comezar a rehabilitación, realizouse un estudio que puxo en contexto a historia do edificio e a súa importancia como patrimonio marítimo. Na actualidade, o edificio ten uso cultural que respectan e non esquecen as súas tradicións. 

Durante a contrución do novo estaleiro empregáronse materiais orixinais tales como a pedra e a madeira na zona do taller, mentres que no tinglado atópase unha estructura de madeira que queda aberta nos laterais. Conseguiuse recuperar o 90% das cerchas orixinais e gran cantidade de táboas, xunto a outros elementos característicos do estaleiro orixinal. 

O estaleiro Ciprián atópase no medio duna ruta a pé que vén desde O Freixo e pode rematar alí ou seguir pola praia de Broña.

Todo iso explicounolo Nacho, o técnico de Turismo do Concello de Outes co que nos sentimos moi a gusto.

O estaleiro está bastante ben adaptado mais ten un primeiro andar onde hai unha pequena biblioteca á que non se pode acceder con cadeira de rodas pero tampouco é unha zona visitada senon que a usan como oficina. Nacho comenta que hai 1,4 Km dende O Freixo ata o estaleiro e que é unha ruta que se podería facer porque é accesible polo que quedamos coas ganas de facela un día. Pendente queda.



O primeiro grupo que fomos

Aquí con Nacho o técnico de turismo 
"Representan nosos rasgos, únenos como colectividade: coidemos a nosa cultura"

Comentarios

Publicacións populares deste blog

"COREANDO" EN SARELA

FACENDO COMUNIDADE

SENTIR A MÚSICA