SENTIR A MÚSICA
Ola de novo as tod@s, Estamos de volta unha semana máis e queriamos nesta entrada que coñecerades un pouco o importante que é a música para algún dos nosos compañeiros. Desde o servizo de Mellora Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) queremos que coñezades a marabillosa relación que temos coa música. Óscar Salgado sempre foi un apaixoado da música e desde que ten Dano Cerebal Adquirido (DCA) non o deixou de lado senón que segue asistindo a concertos e tocando cada vez que pode. Jesús García acode a clases de piano desde que tivo o DCA e é algo que o motiva e os compañeiros e compañeiras desfrutamos cada semana cos seus avances que nos ensina ilusionado desde o seu móbil. Podemos dicir que en xeral cada un/unha de nós desfrutamos da música dunha forma activa (cantando e tocando) ou pasiva (escoitándoa, asistindo a concertos etc). Imos darvos algún exemplos: A Domingo encántalle cantar, Anxo desfruta tocando tamén a súa guitarra, o fillo ...