SENTIR A MÚSICA
Ola de novo as tod@s,
Estamos de volta unha semana máis e queriamos nesta entrada que coñecerades un pouco o importante que é a música para algún dos nosos compañeiros. Desde o servizo de Mellora Mantemento da Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) queremos que coñezades a marabillosa relación que temos coa música.
Óscar Salgado sempre foi un apaixoado da música e desde que ten Dano Cerebal Adquirido (DCA) non o deixou de lado senón que segue asistindo a concertos e tocando cada vez que pode. Jesús García acode a clases de piano desde que tivo o DCA e é algo que o motiva e os compañeiros e compañeiras desfrutamos cada semana cos seus avances que nos ensina ilusionado desde o seu móbil.
Podemos dicir que en xeral cada un/unha de nós desfrutamos da música dunha forma activa (cantando e tocando) ou pasiva (escoitándoa, asistindo a concertos etc). Imos darvos algún exemplos:
A Domingo encántalle cantar, Anxo desfruta tocando tamén a súa guitarra, o fillo de Laura é un compositor en Paraguay e desfruta escointándoo como mami orgullosa, Damián goza con todo tipo de música e así poderíamos seguir con cada un de nós.
Nas sesións de Musicalmente, unha das actividades que realizamos no servizo, as persoas que participamos podemos expresarnos a través da música e iso é algo tamén fundamental.
Escoitando tocar a guitarra eléctrica a Óscar alucinamos coa súa destreza a pesar de que el comenta que, agora desde o DCA, se lle esquecen as notas e é difícil tocar. Ademais ten dificultades coa púa porque non pode facer suficiente "rasgueos". El é totalmente autodidacta e segue a aprender cada día.
Pasade un Bo Nadal!!!
Até a seguinte entrada.
SEN MÚSICA A VIDA SERÍA UN ERRO
Comentarios
Publicar un comentario