Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta ; MAPIS

CAMIÑANDO CON ILUSIÓN

Imaxe
Ola a todas e todos, Somos as persoas usuarias do Servizo de Mellora e Mantemento da  Autonomía Persoal e Inclusión Social (MAPIS) e queremos contarvos a experiencia deste ano facendo o Camiño de Santiago. O pasado ano realizamos parte do Camiño Francés e este ano animámonos a facer o Camiño Portugués desde o Concello de Padrón.  Non todos/as temos as mesmas capacidades polo que realizamos as etapas por grupos. Algúns de nós  puidemos camiñar máis de 4 km diarios e outros facían sobre 2 ou 2.5 km.  A derradeira etapa realizámola o luns 8 de xullo e chegamos todos xuntos e isto fíxonos moita ilusión. Tivemos que adaptarnos os uns aos outros porque, por ritmo, poderiamos chegar uns antes ca outros pero uns esperamos polos compañeiros e compañeiras para facer a entrada na praza do Obradoiro todos xuntos. Despois de chegar fomos tomar algo e celebrar que, con esforzo, pódese conseguir o que un se propoña.   "A MÁIS LONGA CAMIÑADA, COMEZA CUN PASO"