Publicacións

Mostrando publicacións coa etiqueta actividades

Día de convivencia na Granxa do Xesto

Imaxe
O luns 11 de xullo estivemos tod@s @s compañeir@s de MAPIS na Granxa do Xesto. Alí fixemos unha xornada de convivencia con voluntarios de Cooperación Internacional. Eles viñeron a Santiago a facer o Camiño e nas xornadas que están en Santiago realizan voluntariado. Ao chegar trasladámonos á cafetería para poder facer algún xogo de presentación. Chegar alí arriba costounos un montón. As pistas están irregulares e cheas de pedras co que as cadeiras de rodas non poden subir senon son empuxadas por dúas ou tres  persoas.  Pedimos ao Concello de Santiago que teña en conta ás persoas con discapacidade para que arranxe esas pistas e poder disfrutar de verdade de zonas verdes da nosa cidade. Propoñemos que tentedes chegar do aparcamento ao bar nunha cadeira de rodas ou cun bastón e poidades comprobar así  as dificultades que pasamos. Queremos agradecer aos voluntarios a súa labor xa que fixeron este traxecto máis fácil para as profesionais de Sarela, que terían que subirnos elas ...

Creando un soporte para cartas e unha casa para paxaros

Imaxe
 CREATIVAMENTE: BRICOLAXE Hola a tod@s estamos encantados de seguir contándoos o que estamos a facer na actividade de Bricolaxe.  Creamos un soporte para as cartas e para o dominó para que os compañeiros con hemiplexia poidan disfrutar destes xogos. Gústavos?? Proceso de creación do soporte realizado por Santiago Quintás Rematamos os tableros de damas e xadrez e comezamos a facer diferentes casiñas para páxaros.                       Tamén creamos un atril para axudar, sobretodo, á hora de pintar.  

Día das Letras Galegas

Imaxe
Co gallo das letras galegas, algunhas das persoas do servizo de MAPIS quixeron facer unha poesía. Este ano adícanse as letras galegas a Florencio Delgado Gurriarán, poeta galego nado en 1903 en Vilamartín de Valdeorras. A súa familia firmemente vinculada co traballo da terra, inculcoulle non só o respecto polo medio, senón tamén polo idioma e a cultura galega. Aínda despois de pasar case toda a nenez dunha cidade castelá a outra nunca esquece Valdeorras, onde regresan cada verán. E onde volve tras a morte da súa nai coa carreira de dereito rematada para comezar unha nova vida. En Valdeorras participará da vida cultural e política, participando activamente na creación do Partido Galeguista e nas primeiras eleccións da II República. "Non me vexas como dis, que eu non son de treboadas. Son tranquilo e vou á modo detrás das miñas olladas.  Dixéchelo ti: quedei como un home sen paz e sen patria  e non sei xa se aínda vivo, e estou do outro lado: alén dos vivos."  

Traballando na terra

Imaxe
A finais do 2021 empezamos en Mapis cun proxecto novo relacionado con horticultura .Ven con nos unha persoa chamado Vicente que ten o curso de agricultura ecolóxica.O primeiro que fixemos foi facer as macetas .Despois escollemos o que queriamos plantar. Unha vez decidido comenzamos a plantar : ALLOS, CHICHAROS E TIRABEQUES,    sementado na  primeira semana de decembro coincidindo ca lua. Tamén preparamos semilleros con herbas aromáticas: TOMILLO, PRIXEL E ALBAHACA, A comezo deste ano comezamos co semillero de PEMENTOS, escollemos as variedades de Padrón e morróns. IREMOS INFORMANDO DOS NOSOS AVANCES