Día das Letras Galegas
Co gallo das letras galegas, algunhas das persoas do servizo de MAPIS quixeron
facer unha poesía. Este ano adícanse as letras galegas a Florencio Delgado
Gurriarán, poeta galego nado en 1903 en Vilamartín de Valdeorras. A súa familia
firmemente vinculada co traballo da terra, inculcoulle non só o respecto polo
medio, senón tamén polo idioma e a cultura galega. Aínda despois de pasar case
toda a nenez dunha cidade castelá a outra nunca esquece Valdeorras, onde
regresan cada verán. E onde volve tras a morte da súa nai coa carreira de
dereito rematada para comezar unha nova vida. En Valdeorras participará da vida
cultural e política, participando activamente na creación do Partido Galeguista
e nas primeiras eleccións da II República.
"Non me vexas como dis, que eu non son de treboadas.
Son tranquilo e vou á modo detrás das miñas olladas.
Dixéchelo ti: quedei como un home sen paz e sen patria
e non sei xa se aínda vivo, e estou do outro lado: alén dos vivos."
Comentarios
Publicar un comentario