NOVOS PROXECTOS
Ola a todas e todos. Esta semana queremos explicar como facemos un produto da tenda ao que lle temos moito cariño como son os chaveiros de tea. Este produto xa comezamos a realizalos o pasado ano e este ano cambiamos o deseño para mantelo actualizado. Podedes facer encargos para agasallos de empresa ou para bautizos , vodas , comuñóns ou calquera outro evento que teñades. Estariamos encantados e encantadas de poder facer para vós un encargo dese tipo. Grazas ás vosas compras podemos seguir mercando material para facer máis proxectos e así aprender a coser en máquina, a pintar teas e o que se nos ocorra. Todo o proceso de fabricación de cada chaveiro é a man e imos explicar como facemos: 1.- Tes que ter unha tea tipo liño. 2.- Despois cortamos a tela en cadrados de 1x1 metros. 3.- Para comezar coa decoración, estendemos a tela nunha mesa e imos colocando cinta de carroceiro, a que empregamos para protexer cando pintamos. Desta forma imos deixar zonas das tea sen pinta...
Comentarios
Publicar un comentario